Ayamonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ayamonte, vista desde Praza de España.

Ayamonte é un concello e cidade española da provincia de Huelva, en Andalucía, situada xunto á desembocadura do río Guadiana. Ten unha poboación de 20.597 habitantes (2010) e unha superficie de 142 km², cunha densidade de 143'2 hab/km².

Polo oeste limita con Portugal.

O concello está formado por catro núcleos de poboación diferenciados entre sí: Ayamonte, cidade que lle dá nome; Punta del Moral, situado na praia oriental de Isla Canela; Pozo del Camino, situado ao leste xunto a Isla Cristina, e a Barriada de Canela, na zona norte de Isla Canela.

Ayamonte. Desembocadura do Guadiana.