Río Odiel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Odiel
Río Odiel.JPG
Vista do Odiel na confluencia dun afluente
País España
Rexión n/d
Nacemento Serra de Aracena
Altitude n/d
Lonxitude 150 km
Caudal medio
Conca 990 km2
Desembocadura Océano Atlántico
O Odiel localízase no oeste de Andalucía

O Odiel é un pequeno río da provincia de Huelva, España, que desauga xunto co río Tinto no Océano Atlántico, logo de percorrer 150 km.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Odiel nace na serra de Aracena, a uns 660 m de altura, ao sur da cidade homónima. O seu curso ten un sentido xeral norte-sur, mais moi sinuoso e desemboca conxuntamente co Tinto. A súa conca hídrica ocupa unha área de 990 km².

Río pertencente á conca atlántica, nace na Serra de Aracena e desemboca á altura da cidade de Huelva, confluíndo pouco despois co Tinto, para formar a denominada Ría de Huelva.

Afluentes[editar | editar a fonte]

O principal tributario do Odiel é o río Oraque que se lle une pola beira dereita. Outros afluentes, de curta lonxitude, son: Escalada, Meca, Olivargas, Santa Eulalia e El Villar.

Localidades que atravesa[editar | editar a fonte]

Aparte da cidade de Huelva, no tramo final do percurso, a única poboación de importancia nas súas beiras é Gibraleón.

Protección[editar | editar a fonte]

A zona do nacemento do Odiel está incluída no Parque Nacional da Serra de Aracena e Picos de Pedroche. Na foz o río forma as Marismas do Odiel, que é unha reserva da biosfera, segundo declaración da UNESCO; aquí é unha zona de especial protección avícola, por canto se poden observar anátidos, flamengos, cullereiros, etc.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome presenta, polo menos na súa primeira parte, a evolución do árabe wadi "curso de auga", pero curiosamente cun resultado similar ao do portugués odi-, ode-, que vemos en nomes de ríos, como Odivelas, Odelouca, Odemira ou o alternante Odiana - Guadiana. É explicábel pola proximidade da bacía do río a Portugal. A segunda parte pode ser un elemento similar ao que se observa no nome do río Guadiela e o mesmo precitado Odivelas.