Francisco Pillado Maior
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Francisco Pillado")
Francisco Pillado Maior, nado na Coruña en 1941, é un escritor e persoeiro do mundo do teatro galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Fillo do xornalista Francisco Pillado Rivadulla. Logo de facer o bacharelato e estudos musicais, Francisco Pillado Maior estudou Graduado Social, Declamación e Arte Dramática, é é Técnico Superior en Relacións Industriais pola Universidade de Alcalá de Henares. Destaca especialmente pola súa dedicación ó mundo do teatro:
- Promotor dos grupos de teatro O Facho (1965), Escola Dramática Galega (1978), Luís Seoane (1980) e Elsinor Teatro (1990).
- Presidente da Escola Dramática Galega.
- En 1990, funda o Grupo de Teatro de Alunos da Escola de Estudos Sociais da Coruña, que se presenta publicamente coa obra "Panchiño", de Oswaldo Dragún.
- Formou parte do Consello de Redacción da Revista monográfica de Cultura da Asociación Cultural O Facho, de Cen Augas e Asociación Cultural O Facho.
- Director de Cadernos da Escola Dramática Galega, Cadernos do Espectáculo da Compañía Luís Seoane, Colección Castrodouro-Teatro, Colección Arlequín, Libros Elsinor Teatro, Edicións Laiovento, Cadernos de Teatro e da Revista de Teatro Casahamlet.
- Membro da Xunta Directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Directivo da Agrupación Cultural O Facho.
- Premio da Crítica polo seu labor como director dos Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Premio Compostela de Honra polos Cadernos de Escola Dramática Galega.
[editar] Obras
[editar] Ensaio
- O Teatro de Manuel Lugrís Freire, 1991, Edicións do Castro.
- Cinco aspectos do teatro galego, 1992, El Correo Gallego.
- A Galicia Moderna. Teatro (1916-1936), Centro Galego de Arte Contemporánea, 2005.
[editar] Teatro
- Fígaro ou a inútil precaución, 2003, Espiral Maior.
- Na outra banda da ponte, 2006, Deputación da Coruña.
[editar] Conversas co autor
[editar] Obras colectivas
- O teatro galego, 1979, Edicións do Castro. Con Manuel Lourenzo.
- Antoloxía do teatro galego, 1982, Edicións do Castro. Con Manuel Lourenzo.
- Conversas en Compostela con Carballo Calero, 1986, Sotelo Blanco. Con Miguel Anxo Fernán-Vello.
- Dicionário do Teatro Galego (1671-1985), 1987, Sotelo Blanco. Con Manuel Lourenzo.
- A nación incesante: conversas con Xosé Manuel Beiras, 1989, Sotelo Blanco. Con Miguel Anxo Fernán-Vello.
- A Poesía e o teatro interseculares, 1996, AS-PG e A Nosa Terra. Con Xosé Ramón Freixeiro Mato.
- A estrela na palabra. Novas conversas con Xosé Manuel Beiras, 2004, Espiral Maior e Laiovento. Con Miguel Anxo Fernán-Vello.
- Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro, 2006, Deputación da Coruña. Con Manuel Lourenzo.
- Manuel Lugrís Freire, 2006, Edicións Fervenza.
- No país da irmandade: homenaxe a Francisco Pillado Maior, 2007, Deputación da Coruña.
[editar] Traducións
- A boda de Esganarello, versión da obra Le mariage forcé, de Molière, 1982, Edicións Castrelos.
- Vermella: tres actos, de Michel de Ghelderode, 1985, Libros de Teatro Don Satúrio.
- Sobre os males que provoca o tabaco e outras pezas, de Anton Chekhov, 1987, Libros de Teatro Don Satúrio.
- As tres irmás: (drama en catro actos), de Anton Chekhov, 1987, Libros de Teatro Don Satúrio.
- A mandrágora, de Niccolò Machiavelli, 1998, Laiovento. Con Luísa Villalta.
- Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand, 1999, Baía Edicións. Con Paulino Pereiro.
- A lección, de Eugène Ionesco, Laiovento.
- Á espera de Godot, de Samuel Beckett, 2003, Laiovento.
- Pedro e o capitán, de Mario Benedetti, 2003, Xerais.