Cyrano de Bergerac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cyrano de Bergerac
Nome completoHercule Savinien de Cyrano
Nacementoc. 6 de marzo de 1619 e 1619
Lugar de nacementoParís
Falecemento28 de xullo de 1655 e 1655
Lugar de falecementoSannois
NacionalidadeFrancia
Alma máterLycée Louis-le-Grand
Ocupacióndramaturgo, poeta, escritor, filósofo, escritor de ciencia ficción e novelista
Na rede
Musicbrainz: 3c04120a-d868-4aa5-ad52-96a63b0fc684 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Estatua de Cyrano de Bergerac

Savinien Cyrano de Bergerac, nado en París o 6 de marzo de 1619 e finado en Sannois o 28 de xullo de 1655, foi un escritor francés. Foi contemporáneo de Molière. Morreu aos 36 anos como consecuencia das feridas que lle causou unha viga ao caerlle encima.

Biografía[editar | editar a fonte]

Era fillo dun avogado do parlamento e pasou a maior parte da súa infancia en Saint-Forget. Trasladouse a vivir a París e alí discorreu case toda a súa vida.

Logo de retirarse da vida de soldado tras recibir unha ferida durante o sitio de Arras, dedicouse á filosofía facéndose discípulo de Pierre Gassendi.

A influencia da escola materialista percíbese principalmente nas súas obras filosóficas: A Historia Cómica dos Estados e Imperios da Lúa e A Historia Cómica dos Estados e Imperios do Sol, publicadas postumamente nos anos 1657 e 1662 respectivamente.

Na actualidade é máis coñecido pola obra Cyrano de Bergerac de Edmond Rostand, na que se narra unha época da súa vida, que polas súas propias obras. Esta peza foi levada varias veces ao cine, o que deu a coñecer aínda mais a Cyrano.

Obras[editar | editar a fonte]

Traducións ao galego[editar | editar a fonte]

En galego están traducidas as obras Os Estados e Imperios da Lúa e Os Estados e Imperios do sol por Henrique Harguindey[1] en Rinoceronte Edicións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Harguindey, Henrique (14 de xaneiro de 2021). Henrique Harguindey: "Cyrano viaxaba a outro mundo para desde alí reflectir a contra deste". Nós Diario. Entrevista con Ana Triñáns. Consultado o 15 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]