Robert Covington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Covington
Philadelphia 76ers – No. 33
Posición Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 14 de decembro de 1990 (33 anos)
Illinois Bellwood, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 95 kg (209 lb)
Información da carreira
Instituto Proviso West (Hillside, Illinois)
Universidade Tennessee State (2009–2013)
NBA Draft 2013 / Elección: Sen draftear
Carreira desde 2013
Historial de equipos
Houston Rockets (2013–2014)
Rio Grande Valley Vipers (2013–2014)
Philadelphia 76ers (2014–2018)
Minnesota Timberwolves (2018–2020)
Houston Rockets (2020)
Portland Trail Blazers (2020–2022)
Los Angeles Clippers (2022–2023)
Philadelphia 76ers (2023–presente)

Robert Covington, nado o 14 de decembro de 1990 en Bellwood, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2013, Covington uniuse ós Houston Rockets para a Liga de Verán da NBA de 2013. O 15 de xullo de 2013, asinou cos Rockets un contrato multianual.[1] Durante a súa tempada de rookie foi asignado en varias ocasións ós Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.[2]

O 15 de novembro de 2014, asinou cos Philadelphia 76ers.[3]

O 12 de novembro de 2018, Covington foi traspasado xunto a Jerryd Bayless, Dario Šarić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Minnesota Timberwolves a cambio de Justin Patton e Jimmy Butler.[4]

O 5 de febreiro de 2020, Covington volveu ós Houston Rockets nun traspaso entre 4 equipos e 12 xogadores.[5]

O 22 de novembro de 2020, Covington foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio de Trevor Ariza, os dereitos do Draft de Isaiah Stewart e unha futura elección da primeira rolda do Draft.[6]

O 4 de febreiro de 2022, Covington foi traspasado xunto a Norman Powell ós Los Angeles Clippers, a cambio de Justise Winslow, Eric Bledsoe e Keon Johnson.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Roster Taking Shape for the Rockets". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 15 de xullo de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2013. 
  2. "2013-14 NBA Assignments". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  3. Sixers Sign Free Agent Robert Covington
  4. "Team Acquires Four-Time All-Star Jimmy Butler". NBA.com. 12 de novembro de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2018. 
  5. "Rockets Complete Four-Team Trade" (Nota de prensa). Houston Rockets. 6 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  6. "Trail Blazers acquire Robert Covington from Houston". NBA.com. 22 de novembro de 2020. 
  7. "Trail Blazers Acquire Eric Bledsoe, Keon Johnson and Justise Winslow". NBA.com. 4 de febreiro de 2022. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]