Dubai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Emirato de Dubai")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 25°15′N 55°18′E / 25.250°N 55.300°E / 25.250; 55.300

Dubai
دبي (en árabe)
Flag of Dubai.svg Coat of arms of Dubai.svg
CollageDubai.jpg
Varias imaxes de Dubai.
Situación xeográfica
Dubai in United Arab Emirates.svg
País Flag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos
Emirato Dubai
Xeografía
Altitude 68 msnm
Superficie 4.114 km²
Poboación
Poboación 2.106.177 hab. (2013)
Densidade 25.600 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Mohammed bin Rashid Al Maktoum
Páxina web Páxina web da cidade

Dubai ou Dubayy (en árabe: دبيّ) é un dos sete emiratos que integran dende 1971 os Emiratos Árabes Unidos, e unha cidade dos Emiratos Árabes Unidos. A súa poboación ascende a 1.422.000 habitantes.

No emirato nos últimos anos construíronse grandes rañaceos (entre os que se atopa o Burj Khalifa, a construción máis alta do mundo), e converteuse nunha porta moi importante para Occidente. Ademais, celébranse bastantes convencións e conferencias internacionais e unha das súas grandes fontes de ingresos é o turismo, especialmente o de luxo. Dentro dos grandes proxectos de urbanización e de turismo, así como de vivenda de luxo, atópanse as Palm Islands, con tres diferentes ambientes; en Jumeirah, que é o primeiro dos proxectos; en Jebel Ali, que é o segundo (50% máis grande) e Deira que será tres veces maior que o primeiro. Así mesmo The World, composto por 300 illas de area artificial que serán ocupadas por residencias, centros comerciais e por hoteis de cinco estrelas.

Ademais, en Dubai realízase cada ano a Dubai World Cup, o encontro internacional de carreiras de cabalos que reparte os maiores premios no mundo.

Dubai foi gobernado ata 2004 por Mohamed Bin Rachid al Maktum, que exercía tamén como Vicepresidente e Primeiro Ministro dos EAU.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localización[editar | editar a fonte]

Mapa de Dubai coas súas divisións.

Dubai está situado na costa do golfo Pérsico dos Emiratos Árabes Unidos[1], a uns 9 msnm[2]. Limita ao sur co emirato de Abu Dabi, ao nordeste co de Sharjah e ao sueste co sultanato de Omán a través do exclave de Hatta, que tamén fai fronteira cos emiratos de Ajmán polo oeste e co de Ras al-Jaima polo norte. Ten unha superficie de 4113 km², que representa unha expansión significativa pois nos seus inicios contaba con 3885 km², por mor das reclamacións sobre a súa soberanía no mar[3].

O Khor Dubai é un rego que vai desde o nordeste cara ao suroeste, atravesando toda a cidade[1]. No leste da capital do emirato está a localidade de Deira, que limita co emirato de Sharjah ao leste e coa localidade de Al Aweer ao sur.

Clima[editar | editar a fonte]

Ao estar localizado nos trópicos, presenta un clima tropical desértico. Os veráns na zona son extremadamente calorosos, húmidos e con abundantes rachas de vento, con temperaturas que poden superar os 40 °C, se ben durante a noite descenden por baixo dos 30 °C. A maioría dos días son soleados durante todo o ano. Os invernos son algo quentes, con temperaturas de máis de 20 °C durante o día e de algo menos de 15 °C pola noite. As precipitacións aumentaron nas últimas décadas, chegando a acumularse até 250 mm[4].

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Un dugongo.

O deserto de area que rodea a cidade posúe algunhas palmeiras datileiras. Os lirios crecen nas chairas occidentais dos sabkha, ao leste da cidade, mentres que as acacias e os ghaf crecen nas chairas interiores, preto das montañas occidentais de Al Hayar. Varias árbores autóctonas como a palmeira datileira e os neem, así como árbores importadas como os eucaliptos, crecen nalgúns parques naturais do emirato.

As especies animais máis comúns nos desertos da zona son a avetarda hubara, a hiena raiada, o caracal, o raposo do deserto]], os falcóns e o órice de Arabia. O territorio constitúe un paso de migración entre Europa, Asia e África, polo que máis de 320 especies de aves migratorias atravesan o emirato entre a primavera e o outono. Nas aguas próximas á costa viven máis de 300 especies de peixes, como o mero. Nas augas máis afastadas hai tamén peixes tropicais e medusas, así como corais, dugongos, golfiños, baleas e tiburóns. Tamén hai varios tipos de tartaruga, como a tartaruga carei ou a tartaruga verde, ambas as dúas consideradas en perigo de extinción[5][6].

Transportes[editar | editar a fonte]

Dubai conta cun aeroporto internacional, o Aeroporto Internacional de Dubai (Código IATA:DXB, código OACI: OMDB) o cal e sede da compañía Emirates. Na actualidade está en contrucción o Aeropuerto Internacional Al Maktoum (Código IATA: DWC, código OACI: OMDW) estando xa operativa as terminais de pasaxeiros, cando esté rematado será o aeroporto máis grande do planeta con capacidade para 160 millóns de pasaxeiros e 12 millóns de toneladas de carga anuais[7].

Dubai conta con dous portos comerciais de importancia, o Jebel Ali e o Mina Rashid, en conxunto son o sexto porto do mundo en tráfico de mercancia[8].

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Dubai", en Google Maps.
  2. Geographic coordinates of Dubai, United Arab Emirates, en Dateandtime.info (en inglés).
  3. Dubai, en Dubaifaqs.com (en inglés).
  4. Climate in Dubai across the year, en Dubaiairport.com (en inglés).
  5. "Flora and fauna of Dubai", en Gowealthy.com (en inglés)
  6. "Natural UAE", en UAEinteract.com (en inglés).
  7. Al Maktoum International airport receives first flight en gulfnews.com (en inglés)
  8. World Port Ranking - 2008 (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dubái

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]