Burj al-Arab
|
|
|
| Datos Técnicos | |
|---|---|
| Localización | Dubai |
| Arquitecto | WS Atkins PLC |
| Altura até o último andar | |
| Altura total (antena) | 321 m |
| Altura total (tellado) | 210 m |
| Andares (Por riba do solo) | 60 |
| Inicio da Construción | 1994 |
| Apertuta | 1999 |
O Burj al-Arab (en árabe Torre dos Árabes) é un hotel que se atopa na cidade de Dubai (Emiratos Árabes Unidos). Foi inaugurado o 1 de decembro de 1999.
Índice |
[editar] Características
Cunha altura de 321 metros, é o edificio máis alto de uso exclusivo como hotel de todo o mundo e un dos edificios hostaleiros máis representativos. Está situado no mar, sobre unha illa artificial localizada a 280 metros da praia no Golfo Pérsico. Está conectado con terra firme mediante unha estrada.
A construción do edificio iniciouse en 1994 e inaugurouse oficialmente o 1 de decembro de 1999. A súa construción intenta recordar un barco e está situado de forma que a súa sombra non cubra a praia. No punto máis alto do hotel atópase un heliporto.
O hotel está catalogado como de sete estrelas, categoría que vai máis aló da clasificación normal dos hoteis, de 1 a 5, debido ás súas características realmente excepcionais que o diferencian de calquera outro tipo de hotel no mundo. No Burj al-Arab non teñen habitacións normais senón que conta con 202 suites dobres. A máis pequena destas suites ocupa un área de 169 m² mentres que a maior cobre un área de 780 m².
O hotel ten unha suite real a cal vale 28000 dólares a noite. Tamén ten un servizo de automóbiles Rolls Royce de luxo dispoñible para cada hóspede. Ademais na súa cociña conta con afamados chef. As reservas pódense facer desde a páxina oficial.