Burj Khalifa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Burj Khalifa.

Burj Khalifa é un rañaceos da cidade de Dubai (Emiratos Árabes Unidos), que é a contrución máis alta realizada polo home con 828 metros de altura.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A súa construción comezou o 21 de setembro de 2004 e a súa inauguración oficial foi o 4 de xaneiro de 2010. O arquitecto redactor principal do proxecto foi Adrian Smith, que traballou xunto á firma Skidmore, Owings and Merrill (SOM) de Chicago ata 2006. A construción do Burj Khalifa contou cun orzamento estimado de máis de 4.000 millóns de dólares, que se incrementou ata os 20.000 millóns para o desenvolvemento completo do Downtown Burj Khalifa. Parte do custo do edificio foi financiado pola familia do emir Mohammed bin Rashid Al Maktoum, entre os que destaca o seu sobriño Fuad bin Rashid Al Maktoum de tan só 20 anos, que financiou 25 millóns de dólares do proxecto.

O 21 de xullo de 2007 o Burj Dubai sobrepasou ó que era ata entón o edificio máis alto do mundo, o Taipei 101 de 509 metros. O 17 de xaneiro de 2009 o edificio acadou a súa altura máxima, 828 metros.

Localización[editar | editar a fonte]

O edificio forma parte dunha zona en desenvolvemento de 2 km² chamada Downtown Burj Dubai nas proximidades do distrito de negocios de Dubai, onde tamén está o Burj al-Arab. O presuposto da obra é de 4 mil millóns de dólares para o rañaceos e 20 mil millóns para todo o centro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]