Hiderabad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Hyderabad
Ponte de entrada a Hyderabad
Charminar

Hyderabad é unha importante cidade da India, situada na ribeira do río Musi (afluente do Krishna), na meseta do Decán a uns 500 m de altitude, no centro sur do subcontinente. É a capital do estado de Andhra Pradesh.

Fundada en 1590 polo sultán de Golconda, foi planificada en cadrícula ao redor do Charminar, porta monumental con catro minaretes e catro arcos baixo a que se cruzan as arterias principais da cidade.

É un importante centro comercial e industrial, e nos últimos decenios tense desenrolado como polo da tecnoloxía informática do país xunto a Bangalore.

A súa poboación é de 3.500.000 habitantes (segundo o censo do 2001), e a súa área metropolitana conta cunha poboación estimada de 7 millóns (2007).


Ver Historia urbana de Hiderabad.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hiderabad