Río Xúcar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xúcar / Júcar
Júcar en Millares.jpg
O Xúcar perto de Millars
País España
Rexión n/d
Nacemento Ojuelos de Valdeminguete
Altitude n/d
Lonxitude 497,5 km
Caudal medio 49 m³/s
Conca 23.000 km²
Desembocadura Mar Mediterráneo
O Xúcar en España

O río Xúcar (en valenciano: Xúquer, en castelán: Júcar) é un río da conca mediterránea da Península Ibérica. Cunha lonxitude de case 500 km e unha conca de 23.000 km², é o maior curso fluvial que atravesa a Comunidade Valenciana.

Curso[editar | editar a fonte]

Nace nos Montes Universales a 1.506 m de altitude, no sitio denominado Ojuelos de Valdeminguete, na provincia de Cuenca (Castela-A Mancha), e desemboca no mar Mediterráneo, na localidade de Cullera (Valencia), tras 497,5 km de percorrido.

O Xúcar, que segue un percurso xeral oeste-leste, corre pola parte oriental da Mancha até a confluencia co Cabriel (catalán Cabriol), pasa pola cidade de Cuenca e en Alarcón é retido no primeiro dos seus dous encoros principais. Despois de atravesar terras de Albacete entra no País Valenciano polo Vall de Cofrents, onde se encaixa entre os contrafortes de transición entre Mancha e a Ribera, circunstancia usada para o aproveitamento hidroeléctrico, cos encoros de Cofrentes, Cortes de Pallars e Millars. Entra na Ribera Alta, onde fica represado en Tous, e rega a extensa horta da Ribera através de numerosas canles (séquies en catalán), como a Séquia Reial del Xúquer, algunhas das cales alimentan a Albufera de Valencia. Pasa por Alzira e, xa na Ribera Baixa, por Sueca e Cullera, onde desemboca.

Caudal irregular[editar | editar a fonte]

O seu caudal é de 11 m³/s en Cuenca e 49 m³/s en Alzira. É moi irregular, presentando cheas en outono a causa de choivas torrenciais. Entre as máis fortes historicamente lémbrase a riada de San Francisco en 1864, con 13.000 m³/s; a recente de Tous en 1982 (rotura do encoro de Tous), con 16.000 m³/s, e máis a chea de novembro de 1987, con 5.200 m³/s, todas segundo medicións tomadas en Alzira.

Réxime fluvial[editar | editar a fonte]

Só no seu curso alto presenta un réxime pluvio-nival, mentres que o resto dos tramos dependen das chuvias, de tipo mediterráneo.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Desembocadura do Xúcar en Cullera

Os principais afluentes do Xúcar son:

Explotación[editar | editar a fonte]

O Xúcar é usado intensamente para regadíos de horta no País Valenciano. No tramo final é mesmo usado para inundar os campos de arroz alí situados. Desde antigo presas, actualmente completadas con encoros, regulan o seu curso; compre sinalar, con o ano de construción e a súa capacidade, sempre que se coñexa o dato, as seguintes:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Xúcar