Silla, Valencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Silla, España")
Silla
Bandera de Silla (Valencia).png Escudo de Silla (Valencia).png
Situación xeográfica
Localización de Silla respecto á Comunidade ValencianaLocalización de Silla respecto á comarca da Horta Sud
País España
Comunidade autónoma Comunidade Valenciana
Provincia Valencia
Comarca L'Horta Sud
Xeografía
Altitude 8 msnm
Superficie 25,0 km²
Poboación
Poboación 18.985 hab. (2008)
Densidade 759,4 hab./km²
Xentilicio Silleiro/a
Información
Código postal 46460
Alcalde Francesc Baixauli Mena (PSPV)
Páxina web www.ajuntamentdesilla.org

Silla é un concello da Comunidade Valenciana que se atopa na bisbarra da Horta Sud.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situado na parte meridional da comarca e nas proximidades do lago da Albufeira de Valencia.

O relevo é totalmente chairo e mantense sempre por baixo dos 20 msnm de altitude, excepto nos límites con Picassent onde hai unha elevación apenas perceptible por encima dos 30m. Pola súa banda occidental discorre o Caldeirón Real, da que nacen os caldeiróns para a rega, mentres que toda a metade oriental áchase ocupada por campos de arroz e o Parque Natural da Albufeira.

O clima é de tipo clima mediterráneo.

Localidades limítrofes[editar | editar a fonte]

O termo municipal de Silla limita coas seguintes localidades:

Picasent, Alcàsser, Beniparrell, Albal, Valencia, Almussafes e Sollana todas da provincia de Valencia.

Historia[editar | editar a fonte]

Popularmente, cóntase que o nome da localidade provén da contracción de "sa illa", en galego "a illa", nome que lle darían os primixenios poboadores, ao estar asentada a alquería nun istmo sobre a albufeira de Valencia.

A alquería de Silla foi dada polo rei Xaime I o 15 de xaneiro de 1233 á Orde de Sant Joan de l'Hospital, sendo Mestre desta, Don Hugo de Fullaquer quen conquistou a torre árabe, centro neurálxico de Silla que pasou despois á Orde de Montesa. No ano 1317 acabou o dominio en Silla da orde do Hospital, pasando a formar parte da orde de Santa María de Montesa e continuando baixo este dominio até o ano 1837 que se produce a Desamortización de Mendizábal e en consecuencia a desaparición de prerrogativas e as propiedades.

Demografía[editar | editar a fonte]

Silla conta cunha poboación de 18.985 habitantes en 2008.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2007 2008
4.421 4.973 6.243 6.732 6.639 7.117 7.768 10.090 16.145 16.525 15.614 17.546 18.597 18.985

Economía[editar | editar a fonte]

A proximidade a Valencia facilitou a súa industrialización, aínda que non perdeu totalmente o seu carácter agrícola inicial.

Dentro do regadío atópanse o arroz, as hortalizas e o millo. En secaño quedan oliveiras e alfarrobeiras. En xeral a excepción do arrozal, o chan agrícola está a perder terreo rapidamente para dar cabida ás plantas industriais que crecen a ritmo acelerado. A gandaría conta con cabezas de gando vacún estabulado para o leite, gando lanar e varias granxas avícolas e porcinas. Existe comunidade de pescadores que traballan sobre caldeiróns e no lago da Albufeira.

Dentro do sector industrial, o de maior peso económico na actualidade, conta cun censo de máis de 500 industrias, hai fábricas de mobles, papeis pintados, moquetas, artigos de plástico, xoguetes, materiais para a construción, licores, confeccións, tapicerías, embalaxe de cartón, maquinaria, construcións metálicas, pneumáticos, pinturas, vernices, etc.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Silla, Valencia