Equinodermo
| Equinodermos | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
"Echinidea" de Ernst Haeckel |
||||||
| Clasificación científica | ||||||
|
||||||
| Superfilos e Clases | ||||||
Os equinodermos (Echinodermata, do grego ekhinos, "espiña" e derma, "pel") son un filo de animais deuteróstomos de simetría radial xeralmente pentámera, e viven unicamente nos mares xa que son incapaces de regular axeitadamente o contido acuoso do seu corpo polo que non poden acceder a hábitats con auga doce.
Os equinodermos xurdiron no Cámbrico, hai uns 600.000.000 de anos, e a día de hoxe seguen sendo un dos filos máis importantes contendo cerca de 7.000 especies viventes e arredor de 13.000 extintas [1].
Índice |
[editar] Características
Este grupo ten, ademais da súa particular simetría que o fai doado de recoñecer, unhas características propias que se poden resumir a continuación:
- Teñen un esqueleto interno (endoesqueleto) formado por ósiculos calcáreos., que aparece recuberto por unha epiderme con cilios.
- O celoma e amplo e complexo e da lugar ao sistema hemal e sistema ambulacral característicos destes animais.
- Son deuteróstomos e enterocélicos, co mesodermo derivado do arquenterón e o blastóporo orixina o ano, características todas elas comúns aos cordados.
- A maioría dos membros deste grupo teñen un tubo dixestivo completo, con boca, esófago, intestino e ano.
- O sistema circulatorio tamén se chama sistema hemal e esta formado por ringleiras de células con lagoas entre elas. Existen tamén un sistema perihemal que rodea ao anterior e que ten unhas cavidades chamadas senos e desenvolve un papel na nutrición do animal.
- O sistema nervioso non está centralizado nunha zona cerebroidea (acefalia), e consta de tres aneis nerviosos dos que saen os nervios radiais cara os distintos brazos.
- Carecen dun aparato respiratorio definido, só nalgúns presentan adaptacións para a respiración. Tamén carecen de sistema excretor.
- Son dioicos, con órganos reprodutores sinxelos e gonoductos simples.
- Teñen dous tipos de rexións: as cinco que posúen uns pés ou podios (ambulacro) e as que están no medio delas que carecen de podios (interambulacro).
- As larvas nacen con simetría bilateral que logo os adultos transforman en simetría radial e nalgúns casos aparece unha simetría radial secundaria.
[editar] Filoxenia
O seguinte cladograma amosa as posibles relacións filoxenéticas dos principais grupos de equinodermos:[2][3]
| Echinodermata |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
[editar] Clasificación
[editar] Classifications diverses actuelles
Segúndo o ITIS
- subfilo Eleutherozoa Bather, 1900
- superclase Asterozoa Zittel, 1895
- clase Asteroidea de Blainville, 1830
- clase Somasteroidea Spencer, 1951
- superclase Cryptosyringida Smith, 1984
- clase Echinoidea Leske, 1778
- clase Holothuroidea de Blainville, 1834
- clase Ophiuroidea Gray, 1840
- superclase Asterozoa Zittel, 1895
- subfilo Pelmatoza Bather, 1900
- clase Crinoidea Miller, 1821
Segundo o WRMS:
- subfilo Asterozoa
- clase Stelleroidea
- subclase Asteroidea
- subclase Ophiuroidea
- clase Stelleroidea
- subfilo Crinozoa
- clase Crinoidea
- subfilo Echinozoa
- clase Echinoidea
- clase Holothuroidea
Segundo o NCBI:
- sen rango Eleutherozoa
- superclase Asterozoa
- clase Asteroidea
- clase Ophiuroidea
- superclase Echinozoa
- clase Echinoidea
- clase Holothuroidea
- superclase Asterozoa
- sen rango Pelmatozoa
- clase Crinoidea
[editar] Bibliografía
- ↑ Brusca, R. C. & Brusca, G. J., (2005). Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XXVI+1005 pp. ISBN 0-87893-097-3.
- ↑ Wray, Gregory A. 1999. Echinodermata. Spiny-skinned animals: sea urchins, starfish, and their allies. Version 14 December 1999 (under construction). http://tolweb.org/Echinodermata/2497/1999.12.14 in The Tree of Life Web Project, http://tolweb.org/
- ↑ Univerity of California, Museum of Paleontology - Systematics of the Echinodermata
- Meglitsch, P.A Zoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pp 759-761 ISBN 84-368-0316-7
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Animaldiversity (en inglés)
- Proxecto árobore da vida (en inglés)
- NCBI (en inglés)
[editar] Galería de imaxes
| Filos do Reino Animal |
| Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida |