Arco farínxeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arco farínxeo
Gray41.png
Gray979.png
Gray's asunto #13 65

Os arcos farínxeos ou arcos branquiais son unhas estruturas, preponderantemente mesodérmicas, situadas aos dous lados da farinxe, que se orixinan durante o desenvolvemento embrionario dos animais do filo Cordados (desenvólvense ao redor da cuarta ou quinta semana no ser humano). Poden permanecer no individuo adulto, como no caso das lampreas, ou só seren plenamente funcionais en estado embrionario, como no caso humano; non obstante, nos seres humanos existen reminiscencias, como a trompa de Eustaquio e outras partes do oído, que conforman o canal auditivo. Inicialmente estes arcos consisten en segmentos de tecido mesenquimatoso separado polas fendas branquiais. Simultaneamente, desenvólvense nas paredes laterais do intestino farínxeo as bolsas farínxeas. Estas penetran no mesénquima, mais non establecen unha comunicación externa coas fendas.

Cada arco farínxeo consiste nun centro de tecido mesenquimatoso cuberto externamente por ectoderme e internamente por endoderme. Alén do mesénquima presentan un compoñente muscular, nervioso e sanguíneo.

Sitúanse ventrolateralmente no animal. Normalmente hai sete pares de arcos farínxeos, e presentan unha disposición claramente seriada, de maneira que se denominan -da parte máis cefálica á máis caudal- seguindo os números romanos: I, II, III, etc.

O primeiro arco farínxeo, o I, é o primeiro en aparecer: sepárase o estomodeo do pericardio. Os seis pares de arcos seguintes orixínanse posteriormente, debido ao crecemento diferencial da farinxe.

Arcos Farínxeos[editar | editar a fonte]

1º Arco[editar | editar a fonte]

Único arco revestido totalmente por ectoderme (pola súa posición anterior á membrana bucofarínxea), presenta unha porción dorsal, o proceso maxilar e unha ventral ou mandibular que contén a cartilaxe de Meckel (que orixina o martelo e a bigornia). Inervación da responsabilidade do nervio trixémino, orixina os músculos da mastigación, o milohioideo, o ventre anterior do músculo digástrico, o tensor do veo do padal e o tensor do tímpano. Orixina toda unha serie de ósos da face.

2º Arco[editar | editar a fonte]

A cartilaxe do segundo arco (cartilaxe de Reichert) orixina o estribo, a apófise estiloide do óso temporal, o ligamento estilo-hioideo, e ventralmente o corno menor do óso hioide e a parte superior do corpo. Os músculos son o estapedio, estilohioideo, ventre posterior do digástrico, auriculares e da expresión facial. O nervio para o 2º arco é o facial.

3º Arco[editar | editar a fonte]

A cartilaxe deste arco orixina a parte inferior do corpo do hioide e os cornos maiores. O músculo estilofarínxeo da responsabilidade do nervio glosofarínxeo.

4º e 6º Arcos[editar | editar a fonte]

Orixinan as cartilaxes da larinxe. Os músculos do 4º arco (cricotiroideo, elevador do palato e contritores da farinxe) son inervados polo ramo larínxeo superior do nervio vago. Os músculos intrínsecos da larinxe (6º arco) polo nervio larínxeo recorrente, tamén ramo do vago.