Simetría bilateral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Planos de simetría no corpo humano (en castelán)

A simetría en bioloxía é a división imaxinaria do corpo dun ser vivo en metades equivalentes ou semellantes entre si. A simetría bilateral (tamén coñecida como simetría planar) defínese pola existencia dun único plano, chamado plano saxital, que divide a un organismo en aproximadamente dúas metades idénticas en espello, chamadas metade esquerda e metade dereita se o eixo corporal pertence ao plano de simetría. Un plano perpendicular ao saxital, chamado plano frontal separa unha metade dorsal doutra ventral.

Os diferentes organismos presentan unha asombrosa variedade de formas, pero existen patróns comúns a todos eles. A existencia de distintos tipos de simetría serve como base para describir e clasificar os seres vivos.

Simetría bilateral en animais[editar | editar a fonte]

Dentro do mundo animal existen seres que teñen simetría radial como os poríferos o cnidarios, nestes seres calquera parte do seu corpo é equivalente e isto leva consigo o feito de que carecen de cefalización e polo tanto acostuman ser animais sedentarios ou polo menos non poden desenvolver actividades complexas. A maioría dos animais solucionaron este problema adquirindo a simetría bilateral o e que lles permite acadar un eixo corporal en dirección ao movemento que realizan o que favorece a formación dun sistema nervioso centralizado e a cefalización.

Excepto algúns seres como os Radiados, a maioría dos filos animais teñen simetría bilateral polo se inclúen dentro do grupo dos Bilaterais (Bilateria); ás veces algúns destes animais, como a Estrelamar ou o Ourizo do mar adquiren secundariamente outro tipo de simetría como a pentarradiada, aínda que nas fases larvarias si posúen a simetría bilateral que logo de adultos acaban perdendo.

Unha folla amosando simetría bilateral.

Simetría bilateral en plantas[editar | editar a fonte]

Algunhas flores como por exemplos os membros das familiasorquídeas e Fabaceas presentan tamén simetría bilateral polo que reciben o nome de zigomorfas en oposición as que teñen simetría radial ou actinomorfas.

As follas da maioría das plantas tamén teñen superficialmente simetría bilateral. Un exame coidadoso dos patróns de vea das follas frecuentemente amosa simetría bilateral imperfecta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]