Triploblásticos
Os triploblásticos ou triblásticos son animais (metazoos) en cuxo desenvolvemento embrionario temperán se diferencian tres follas embrionarias ou capas de tecido embrionario: ectoderma, endoderma e mesoderma. Esta última está ausente nos diploblásticos, cuxo nome alude á presenza de só dúas follas embrionarias (por exemplo, no caso dos cnidarios).
Os triblásticos forman un clado, é dicir, suponse que son monofiléticos, xa que se cre que todos derivan dun mesmo antepasado común; é unha característica presente en todos os animais do clado Bilateria (bilaterais), e hai hoxe algúns estudos que propoñen a posíbel triploblastia nun grupo de animais radiados, os ctenóforos.[1] [2]
A sistemática dos triploblásticos baséase no destino do blastóporo embrionario; así, distínguense dúas grandes liñaxes:
- Protóstomos: o blastóporo orixina a boca, e o ano é de neoformación, aínda que non sempre se presenta, como é o caso dos platihelmintos.
- Deuteróstomos: o blastóporo orixina o ano, e a boca é de neoformación.
Notas [editar]
- ↑ Martindale, M. Q. e Henry, J. Q. (1999): "Intracellular Fate Mapping in a Basal Metazoan, the Ctenophore Mnemiopsis leidyi, Reveals the Origins of Mesoderm and the Existence of Indeterminate Cell Lineages", Develpmental Biology, 214 (2): 243-257. [1]
- ↑ Sieving, R. (1977): "Mesoderm bei Ctenophoren", Journal of Zoological Systematics and Evolutionary research, 15 (1): 1-8. [2]
Véxase tamén [editar]
Para información detallada sobre as características, filoxenia e grupos incluídos nos triblásticos véxase: