Eukaryota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En taxonomía e bioloxía, Eukarya ou Eukaryota é o dominio dos organismos celulares con núcleo verdadeiro. Estes organismos constan dunha ou máis células eucariotas, abranguendo dende organismos unicelulares ata verdadeiros pluricelulares nos cales as diferentes células especialízanse en diferentes tarefas e que, en xeral, non poden sobrevivir de forma illada. O resto dos seres vivos son unicelulares procariotas e pódense dividir nos dominios Archaea e Bacteria.

Características[editar | editar a fonte]

Pertencen ó dominio Eukarya Animais, plantas, fungos, así como varios grupos denominados colectivamente protistas. Todos eles presentan semellanzas a nivel molecular (estrutura dos lípidos, proteínas e xenoma) e comparten unha orixe común. Se cre que os eucariontes se teñen orixinado arredor duns dous mil millóns de anos, pero non existe un acordo unánime. Os fósiles máis temperáns, como os acritarco son difíciles de interpretar. Formas que poden relacionarse inequivocamente cos grupos modernos comezaron a xurdir fai uns 800 millóns de anos, mentres que a maioría dos grupos fósiles xa se coñecen dende o final do Cámbrico, fai uns 500 millóns de anos.

Os eucariontes repártense entre catro reinos (Protista, Plantae, Animalia e Fungi), cinco, segundo Cavalier-Smith (os anteriores máis o reino Chromista), ou moitos máis (algúns consideran, pero non é punto de vista xeralmente aceptado, que é máis axeitado clasificalos en ata vinte reinos).

O reino Protista é un grupo parafilético que xunta aos eucariontes que non encaixan en ningún dos tres grupos; por esta razón a súa diversidade coincide coa diversidade fundamental dos eucariontes. A recente clasificación de Adl et al. (2005) evita a clasificación en reinos, substituíndoa por unha acorde coa filoxenia actualmente coñecida, na que por outra parte aos taxons non se lles atribúe xa categoría algunha, para evitar os inconvenientes que supón estas para a súa posterior actualización. Esta clasificación pode explorarse de forma gráfica nunha aplicación web A Java Applet for Exploring the New Higher Level Classification of Eukaryotes with Emphasis on the Taxonomy of Protists creada por Wolf et al e cuxo primeiro nivel (equivalente a reinos en clasificacións anteriores, sería o seguinte:

Pódese ver que unha forma ameboide ou flaxelar non indica a pertenza a un grupo taxonómico concreto, como se pensaba en clasificacións tradicionais, creando grupos artificiais dende o punto de vista evolutivo (ver parafilia).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]