Alfonso Penela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alfonso Penela Fernández, nado en Vigo en 1955, é un arquitecto galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Obtivo o título de Arquitecto na ETSA de Barcelona no ano 1980. Na actualidade é profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

A obra de Alfonso Penela aparece inscrita nunha liña de constante busca dunha linguaxe arquitectónica galega que afunda as súas raices no coñecemento da tradición constructiva e na análise das achegas das xeracións precedentes dende a independencia, unha constante na súa obra.

Os seus proxectos responden basicamente a unha vocación experimental baseada en formulacións que xunguen o Movemento Moderno con elementos de orde plural que deixan adiviñar a preferencia polas novidades formais, así como polo equilibrio e pola orde compositiva, como na vivenda unifamiliar en Aldán (Cangas). A constante atención que demostra respecto ás cuestións técnicas e estruturais vese incrementada polas súas inquedanzas respecto ás compoñentes funcionais que o levan a traballar cun amplo abano de propostas e variantes, tanto nos proxectos para vivendas, coma nas súas intervencións en espazos públicos ou centros docentes, coma a Facultade de Ciencias Empresaiais e Economicas da cidade de Vigo.

Este arquitecto concibe os edificios como un conxunto de volumes articulados no que as calidades dos materiais e a manipulación de luces e sombras cobran unhas importancia decisiva. Os espazos, de volumetría fraccionada establecen un interesante diálogo con contorno, coma no caso do Pavillón Polideportivo de Manzaneda, mediante o emprego de sutís contrastes e revisións permanentes dos usos da linguaxe.

A súa obra é un campo aberto á experimentación tanto técnica coma formal.

[editar] Obras destacadas

  • Facultade de Económicas no Campus Universitario das Lagoas - Marcosende. Vigo 1988-1991.
  • Centro de Saúde en Cambados[1]. Pontevedra (1989-1991).
  • Escola infantil en Conxo. Santiago de Compostela, 1989-2002
  • Rehabilitación da Casa de Arines para Sede de Instituto Camões. Vigo, 1993-1998.
  • Vivenda unifamiliar. Boborás, Ourense, 1994.
  • Vivenda unifamiliar M.J.Priegue. Nigrán, Pontevedra, 1996.
  • Centro de Saúde en Coia[2]. Vigo, 1996-1999.
  • Pavillón polideportivo na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda, Ourense (1998-2000).[3].
  • Aloxamento para estudantes no Campus de Vigo. 2000-2002.
  • Reitoría, Campus Universitario das Lagoas - Marcosende, Vigo. 2001.

[editar] Notas

  1. Obradoiro, COAG, 1993, Santiago de Compostela, nº22, pp. 11 e 112-123. ISSN 0211-6065.
  2. Documentos de arquitectura nº 42. (1999). Delegación de Almería del Colegio Oficial de Arquitectos de Andalucía Oriental. ISSN 0214-9249
  3. Descrición e imaxes do Pavillón polideportivo, www.turgalicia.es.

[editar] Bibliografía

[editar] Monografías

[editar] Artigos en publicacións periódicas

  • Obradoiro, COAG, 1993, Santiago de Compostela, nº22, pp. 11 e 112-123. ISSN 0211-6065.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas