CG-1.5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°50′53″N 8°41′39″O / 42.84806, -8.69417

CG-1.5
TipoloxíaVía de altas prestacións
RedeRede de estradas de Galicia
Dimensións
Lonxitude16,85 km
Localización
Inicio  AG-56  Os Ánxeles (Brión)
Fin  AC-549  Barro (Noia)
 AC-550  Barro (Noia)

O corredor CG-1.5 é unha vía de altas prestacións e variante de poboacións que une a autovía AG-56 en Brión coa nova ponte sobre a ría de Noia (estrada AC-549), con saída á estrada AC-550 na parroquia de Barro (Noia), ao carón da desembocadura do río Tambre, sendo unha alternativa á estrada AC-543. Ten unha lonxitude de 16,85 km.[1] É propiedade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

A obra iniciouse en 2003 como parte do Plan Galicia, para dar unha alternativa á estrada AC-543 e unir Santiago de Compostela coa ría de Muros e Noia. En primeiro lugar construíuse a autovía AG-56, que une a zona do Rial (Conxo) enlazando coa autoestrada AP-9 no km 75 con Gontade (Os Ánxeles), logo de 12 km.

En xuño de 2009, co PP acabado de chegar á Xunta de Galicia tan só tres meses antes, retomouse o proxecto do corredor cun novo trazado, estimando que estaría rematado a finais de 2011.[2] Este viario e unha nova ponte sobre a ría, que fora promesa electoral durante a campaña, xa se prometera nos últimos tempos de goberno de Manuel Fraga.[3]

O 5 de outubro de 2010 abriuse un primeiro tramo do corredor de 9,3 km (que une as localidades de Brión e Martelo), sendo inaugurado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que auguraba que cando rematase a obra (estimada en 2012), se desdobraría en autovía.[4]

O 16 de febreiro de 2011 inaugurouse o segundo tramo, facendo un custo total de 86,9 millóns de euros toda a obra do corredor, sumados aos 100 millóns que custou a autovía AG-56.[5] Neste tempo, augurouse o desdobramento en autovía para 2015.[6] Neste momento o final do corredor atópase na estrada AC-550, na parroquia de Barro (Noia), a falta de que se remate a ponte sobre a ría e o seu empalme (AC-549).

Finalmente, o 4 de xullo de 2014 inaugurouse a nova ponte sobre a ría de Noia e a súa conexión co corredor (AC-549), cun percorrido de case 5 km e un custo de 50 millóns de euros, quedando así rematada a variante.[7]

Accidentes[editar | editar a fonte]

O 3 de decembro de 2012 chocaron frontolateralmente dous vehículos á altura da parroquia de Urdilde (Rois), tendo que ser excarceradas tres persoas. Non houbo vítimas mortais.[8]

O 15 de novembro de 2014 produciuse un aparatoso accidente con 4 vítimas mortais, logo de que dous vehículos colisionaran frontalmente nunha xornada de chuvia intensa.[9] A raíz deste accidente, a Xunta incrementou as medidas de seguridade coa instalación de balizas e paneis informativos.[10]

O 20 de setembro de 2022 colisionaron de xeito frontal dous vehículos no quilómetro 27, á altura da parroquia de Roo (Noia). Houbo dúas vítimas mortais e un ferido grave, logo de que un dos dous vehículos invadise o carril contrario. Ademais, un terceiro vehículo viuse implicado, con dous feridos leves.[11]

Desdobramento en autovía[editar | editar a fonte]

Logo do accidente de 2014, abriuse o debate entre asociacións de empresarios de axilizar o desdobramento do viario en autovía. Porén, a Xunta alegaba, mediante declaracións do vicepresidente Alfonso Rueda, que isto faríase "sempre e cando se dean unhas condicións obxectivas de falta de seguridade ou se o volume de tráfico se incrementa ata os dez mil vehículos diarios", cousa que non se producía.[12] Con todo, datos oficiais da Consellaría sinalan que os 10.000 vehículos diarios supéranse nas datas estivais, e algunhas autovías nin sequera os alcanzan.[13]

En abril de 2015 deuse a coñecer o Plan de Medias de Circulación do ano 2014 (un documento da Administración autonómica que dá a coñecer o tráfico nos seus viarios), no que sinalan unha circulación media diaria de 9.017 vehículos polo corredor, o que supón medio millar máis ca o ano anterior. Sinala, igualmente, que no verán as cifras poden alcanzar os 13.000 vehículos ao día, con picos de até 19.000 algunha fin de semana.[14]

En outubro de 2015, co gallo da publicación da lista de vías perigosas pola DGT (na que se inclúe o corredor), reavivouse a vella demanda, esta vez polo concello noiés, de que se faga o desdobramento en autovía.[15]

En outubro de 2017, nos Orzamentos da comunidade autónoma inclúese unha partida de 250.000 euros para a redacción do proxecto de desdobramento do corredor en autovía, o que permitiría iniciar as obras en 2019.[16] En abril de 2018 a Axencia Galega de Infraestruturas adxudicou a redacción do proxecto á empresa Typsa, Técnica y Proyectos. A previsión do executivo autonómico é que as obras se inicien en 2019.[17] Un ano despois, e logo de tres exercizos seguidos superando os 10.000 vehículos diarios, as obras carecen de data de inicio.[18]

En outubro de 2021, nos Orzamentos séguese a incluír unha partida de 250.000 euros para o proxecto, pero especifícase que no ano 2023 investiranse 4 millóns de euros nesta vía, o que permitiría comezar o desdobramento do primeiro treito da autovía entre Gontade (Brión) e Cedofeito (Lousame).[19]

Saídas CG-1.5[editar | editar a fonte]

Concello Localidade Km Saída 1 Saída 2 Notas
Brión Cabanas, Os Ánxeles 12
 AG-56 
Inicio/Final
Brión Pedreira, Luaña 15
 AC-543 
Urdilde
 CP-1302 
Negreira
Rois O Codeso, Ermedelo 19
 CP-7402 
 AC-301  Rois
 N-550  Padrón
Noia San Paio, Roo 27
Lousame
Noia (leste)
Augalevada
 AC-543 
Noia Orro, Barro 29,4
 AC-549 
Testal
 AC-550  Porto do Son
Ribeira
 AC-550 
Outes
Muros
Noia (norte)
Inicio/Final

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Relación estradas autonómicas 2016 - A CORUÑA"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de setembro de 2019. Consultado o 06 de febreiro de 2018. 
  2. "El PP asegura que la variante con el puente costará casi la mitad que la opción interior". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xuño de 2009. 
  3. "El PP ratifica que retomará el puente sobre la ría de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de maio de 2009. 
  4. "Feijoo compromete la autovía a Noia cuando finalice el corredor en el 2012". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de outubro de 2010. 
  5. "Abierto el corredor Brión-Noia que une Santiago y la costa en 20 minutos". La Opinión de A Coruña (en castelán). 17 de febreiro de 2011. 
  6. "Hernández asegura que su conversión en autovía será una realidad en el 2015". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de febreiro de 2011. 
  7. "Noia estrena hoy el puente atirantado más grande de Galicia". ABC (en castelán). 4 de xullo de 2014. 
  8. "Excarcelan a tres personas heridas en un accidente en el corredor Brión-Noia, en Rois (A Coruña)". Europa Press. 3 de decembro de 2012.  (en castelán)
  9. "Cuatro muertos en un accidente de tráfico en el corredor de Noia en Rois". La Voz de Galicia. 15 de novembro de 2014.  (en castelán)
  10. "La Xunta refuerza la seguridad vial en el corredor entre Brión y Noia". La Voz de Galicia. 5 de decembro de 2014.  (en castelán)
  11. "Un choque frontal entre dos coches en el corredor de Noia se salda con dos muertos". La Voz de Galicia. 20 de setembro de 2022.  (en castelán)
  12. "Excarcelan a tres personas heridas en un accidente en el corredor Brión-Noia, en Rois (A Coruña)". La Voz de Galicia. 19 de novembro de 2014.  (en castelán)
  13. "El corredor de Noia sí supera los diez mil vehículos diarios en verano". La Voz de Galicia. 20 de novembro de 2014.  (en castelán)
  14. "El tráfico en el corredor se acerca al tope para convertirlo en autovía". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de abril de 2015. 
  15. "El informe de la DGT sobre vías peligrosas reaviva la demanda de desdoblar el corredor noiés". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 2015. 
  16. "El proyecto para desdoblar el vial Brión-Noia estará listo en el 2018". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de novembro de 2017. 
  17. "La futura autovía a Noia avanza con la adjudicación del proyecto a Typsa". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de abril de 2018. 
  18. "El vial Brión-Noia supera por tercer año consecutivo el tráfico exigido para su desdoblamiento". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de marzo de 2019. 
  19. "Arousa norte copa los 14,8 millones de inversión de la Xunta en la comarca". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-10-21. Consultado o 2021-10-22.