LU-539

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LU-539
Variante de Viveiro
Mapa
Estrada LU-539
Vista a Viveiro e a variante da estrada LU-539
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude0,96 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio LU-862  Viveiro (oeste)
Fin LU-540  Viveiro (sur)

A LU-539[1][2] (na provincia de Lugo), coñecida como a Variante de Viveiro, é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de oeste e sur de Viveiro; situada no concello de Viveiro. Ten unha lonxitude de 0,96 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa LU-862 no oeste de Viveiro e finaliza nun cruzamento coa LU-540 no sur de Viveiro.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Esta estrada discorre de oeste a sur, unindo a estrada LU-862 á altura da Capela da Misericordia coa estrada LU-540, preto da estación ferroviaria de Feve Viveiro, cun percorrido total de 990 metros.

O seu trazado é paralelo á liña de ferrocarril Ferrol-Xixón, evitando así que os vehículos pasen polo centro urbano. A pesar de que se deseñou como unha estrada variante de poboación, menos dunha década despois de inaugurarse quedou obsoleta polo tráfico diario que soporta, planificándose que o seu labor de variante pase a ser desenvolvido pola Vía de Alta Capacidade da Costa Norte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.