AC-551

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-551
Mapa
Estrada AC-551
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude1,22 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio AG-55   Polígono industrial de Morás 
Fin AC-552  Sabón

A AC-551[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades do Polígono industrial de Morás e Sabón; ambas no concello de Arteixo. Ten unha lonxitude de 1,22 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-55 no polígono industrial de Morás (Arteixo) e finaliza nun cruzamento coa AC-552 en Sabón (Arteixo).

Historia e características[editar | editar a fonte]

As primeiras obras forma parte do acceso á autoestrada de peaxe da Coruña-Carballo foron iniciados a principios de 1992[3] e inauguraron o 26 de setembro de 1993.[4][5]

En febreiro de 1996,[6][7] coa inauguración do treito Arteixo-Ligazón AP-9, a parte oriental da estrada AC-551 puxera en servizo, a autovía do Noroeste, A-6, como treito final desta mesma autovía.

Na parte occidental da estrada AC-551, rematara as obras da rotonda elevada sobre a estrada AC-552 coa mellora das comunicacións á travesía de Arteixo, ao acceso ao polígono industrial de Sabón, á travesía de Oseiro e á travesía de Vilarrodís, foi posto en servizo en decembro de 2014,[8] incluíndo a duplicación da calzada desde a rotonda elevada ata a metade da mesma estrada.

En marzo de 2020[9] foi posto en servizo, a nova ligazón do acceso ao polígono industrial de Morás, que está a uns escasos metros da autoestrada de peaxe, AG-55 e a conexión directa á autovía do Noroeste, A-6.

A AC-551 consta dun único carril por sentido da circulación sen posibilidade de realizar adiantamentos e debido ao seu carácter estratéxico, entre dous nós importantes da rede viaria galega, desde hai tempo varias administracións, públicas e privadas, reclaman o seu desdobramento para aumentar a súa capacidade e mellorar deste xeito os fluxos de tráfico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "«Cincuenta personas impiden en Freón y Loureda el comienzo de las obras de la autopista La Coruña-Carballo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 1992. 
  4. "«Inauguración do treito A Coruña-A Laracha da autoestrada A-55»". Consultado o 26 de setembro de 1993. 
  5. "«Miles de personas recorrieron ayer la autopista de Carballo tras su inauguración»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de setembro de 1993. 
  6. "«Inauguración do treito da autovía do Noroeste entre a autoestrada AP-9 e Arteixo»". Consultado o 8 de febreiro de 1996. 
  7. "«Borrell abrió el tramo de la autovía del Noroeste entre Arteixo y Montesalgueiro»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de febreiro de 1996. 
  8. "La apertura de la rotonda abre una nueva etapa en Sabón". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2014. 
  9. "Abierta al tráfico la conexión de la A-6 con el polígono de Morás". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2020.