PO-205

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PO-205
Mapa
Estrada PO-205
Punto quilométrico da PO-205 en Ponte (Silleda)
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Complementaria
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude14,51 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio N-525  Silleda
Fin PO-905  Vila de Cruces

A PO-205[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Silleda e Vila de Cruces; atravesa os concellos de Silleda, Vila de Cruces e Lalín. Ten unha lonxitude de 14,51 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-525 en Silleda e finaliza nun cruzamento coa PO-905 en Vila de Cruces.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Iníciase nunha rotonda en Silleda que a enlaza coa N-525 e a EP-7201, aproximadamente no punto quilométrico 303 da primeira. A apenas no punto quilométrico 1,5 da saída, unha rotonda enlázaa co casco urbano sillendense e cunha das entradas ao Recinto Feiral da Semana Verde de Galicia. Ao punto quilométrico 2, unha rotonda fai de enlace coa autoestrada Central Galega (AP-53). Pasado o punto quilométrico 5, chégase ao viaduto sobre o río Deza, co que se cambia de concello. Unha vez no de Vila de Cruces, ao punto quilométrico 6.5, aparta unha pista á dereita que leva ao Santuario da Nosa Señora do Corpiño. Mediado o punto quilométrico 9, únese a ela a estrada Prado-Bodaño, por onde tamén podemos acceder ao Corpiño. Aproximadamente ao punto quilométrico 14, aparece unha rotonda, que indica o inicio do casco urbano das Cruces. A última rotonda, no punto quilométrico 15, pon fin a esta estrada, enlazándoa coa PO-206, que une As Cruces con Lalín e coa PO-905, que remata no encoro de Portodemouros.

Parroquias que atravesa[editar | editar a fonte]

Construción e descrición[editar | editar a fonte]

A construción desta estrada comezou o 14 de novembro de 1992,[3] inaugurándose ao tráfico o 27 de setembro de 1993.[4] A principal dificultade que se atoparon os promotores foi o río Deza, que separaba os concellos de Silleda e Vila de Cruces, obstáculo que salvaron coa construción dun viaduto de 155 metros sobre o mesmo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "Cuiña inauguró las obras de la carretera Silleda-Cruces". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de novembro de 1992. 
  4. "La carretera inaugurada ayer une Silleda y Cruces en diez minutos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de setembro de 1993.