VG-1.5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VG-1.5
Vía de Altas Prestacións
Baio-Santa Irena
Mapa
Vía para automóbiles VG-1.5
Identificador
TipoloxíaVía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude2,47 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio AG-55  Baio
Fin AC-552  Santa Irena
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A VG-1.5 ou Vía de Altas Prestacións Baio-Santa Irena[1][2] (na provincia da Coruña), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Baio (Zas) e Santa Irena (Vimianzo); atravesa os concellos de Zas e Vimianzo. Ten unha lonxitude de 2,47 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-55 en Baio (Zas) e finaliza nun cruzamento coa AC-552 en Santa Irena (Vimianzo).

Percorrido[editar | editar a fonte]

Iniciado na final provisional da autovía da Costa da Morte, AG-55, a uns poucos metros da ligazón da estrada AC-432, na parroquia de Baio Pequeno (concello de Zas) e termina na rotonda da conexión coa estrada AC-552 na parroquia de Santa Irena (concello de Vimianzo). No medio do percorrido atópase un viaduto duns 100 metros sobre o río Grande.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicialmente estaba previsto unha vía de alta capacidade en lugar da autovía, co financiamento do proxecto anunciado en xullo de 2007,[3] as primeiras obras iniciaron en decembro de 2008,[4] coa colocación da primeira pedra presido polo presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño e en outubro de 2010[5] anunciara os problemas financeiros coa intención de completar toda a autovía entre Carballo e Berdoias. A crise empezou en abril de 2012[6] coa paralización de todas as obras da autovía AG-55.

A finais de 2014,[7][8] co cambio do proxecto, as obras renovaron e permitiron a limitar a construción dunha vía para automóbiles co que se denomina como unha Vía de Altas Prestacións duns 2,47 quilómetros de lonxitude, xunto co resto do tramo Carballo-Baio da autovía AG-55. Foi inaugurado en xullo de 2016[9][10][11][12][13] e anunciara que no futuro irá prolongado a VG-1.5 ata Vimianzo por 2 fases ata Berdoias. En marzo de 2017,[14] licitou o proxecto da primeira fase da autovía, ao principio desta primeira fase, converterase nunha vía de altas prestacións (VG-1.5) e no futuro, será desdobrada en autovía.

En febreiro de 2023,[15] case 6 anos despois do anuncio da licitación do proxecto, anunciara que someteu a información pública do proxecto construtivo e investirá uns 3,5 millóns de euros para os orzamentos da Xunta de Galicia. Na actualidade, segue en circulación da VG-1.5 ata cando se desdobrará en autovía, descatalogará do catálogo das estradas da Xunta de Galicia e a ligazón de Santa Irena será de forma trompeta.

Treitos[editar | editar a fonte]

Denominación Treito Kms Ano servizo
 VG-1.5   AG-55  Baio -  AC-552  Santa Irena 2,5 2016[9][10][11][12][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "El Corredor de Costa da Morte será autovía antes de 2018". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2007. 
  4. "Comienzan las obras de la autovía de la Costa da Morte". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2008. 
  5. "Hernández destaca que a Xunta non perderá un minuto na licitación da autovía da Costa da Morte e somete desde hoxe a información pública o novo estudo económico financeiro". Consultado o 10 de outubro de 2010. 
  6. "La UTE de la autovía de la Costa da Morte frena la obra y despide personal". El País (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2012. 
  7. "A Xunta mantén a súa previsión de retomar en breve as obras da autovía da Costa da Morte". Consultado o 16 de outubro de 2014. 
  8. "Ethel Vázquez destaca que o reinicio das obras da autovía da Costa da Morte demostra a vontade da Xunta de que esta infraestrutura sexa realidade canto antes". Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  9. 9,0 9,1 "Feijóo avanza a contratación este mesmo ano do proxecto construtivo que permitirá prolongar a Autovía da Costa da Morte ata o concello de Vimianzo". Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  10. 10,0 10,1 "La Autovía da Costa da Morte abre con la promesa de 5,5 kilómetros más". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2016. 
  11. 11,0 11,1 "La autovía de la Costa da Morte se ampliará 5,5 kilómetros hasta Vimianzo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2016. 
  12. 12,0 12,1 "<<Esta autovía é a de maior calidade técnica nunca feita antes pola Xunta>>". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2016. 
  13. 13,0 13,1 "Varios alcaldes temen que el anuncio de la ampliación sea solo electoral". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2016. 
  14. "A Xunta licita hoxe a redacción do proxecto da primeira fase da continuación da autovía da Costa da Morte, que supoñerá un investimento de 22 millóns de euros". Consultado o 31 de marzo de 2017. 
  15. "Ethel Vázquez subliña o compromiso inequívoco da Xunta coa prolongación da autovía da Costa da Morte, tras facilitar máis de 13 millóns de viaxes no treito en servizo desde 2016". Consultado o 22 de febreiro de 2023.