LU-540

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LU-540
Mapa
Estrada LU-540
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude39,52 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio LU-862  Viveiro
Fin AG-64  Cabreiros

A LU-540[1][2] (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Viveiro e Cabreiros (Xermade); atravesa os concellos de Viveiro, Ourol, Muras e Xermade. Ten unha lonxitude de 39,52 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa LU-862 en Viveiro e finaliza nun cruzamento coa AG-64 en Cabreiros (Xermade).

Percorrido[editar | editar a fonte]

Comeza o seu trazado no centro do núcleo urbano da cidade de Viveiro, que une coa estrada LU-862. A estrada continua en dirección sur, cara a Ourol, atravesando a serra do Xistral no alto do porto da Gañidoira, para finalmente terminar na rotonda situada na parroquia de Cabreiros (Xermade), uníndose neste sitio á autoestrada autonómica, AG-64.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.