AC-543

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-543
Mapa
Estrada AC-543
Estrada AC-543 ao seu paso por Bertamiráns (Ames)
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude27,37 km
Formato1 carril por sentido
Localización
InicioVidán
Fin AC-550  Noia

A AC-543[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Vidán (Santiago de Compostela) e Noia; atravesa os concellos de Santiago de Compostela, Ames, Brión, Lousame, Rois e Noia. Ten unha lonxitude de 27,37 quilómetros e iníciase en Vidán (Santiago de Compostela) e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en Noia.

Percorrido[editar | editar a fonte]

A estrada inicia o seu percorrido en Santiago de Compostela na parroquia de Laraño, proseguindo pola de Villestro. A continuación, no concello de Ames, atravesa a parroquia de Ortoño pasando polo seu núcleo, Bertamiráns. Máis tarde pasa, no concello de Brión, pola parroquia dos Ánxeles. Prosegue polo concello de Rois, pasando pola parroquia de Urdilde e logo pola de Ermedelo. Xa no concello de Lousame, pasa pola parroquia de Toxos Outos. A continuación, no concello de Noia, pasa polas parroquias de Roo e finalmente Barro, onde remata na estrada AC-550, no lugar de Curral de Orro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.