AC-211

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-211
Tipoloxíaestrada urbana
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude3,50 km
Localización
Inicio  N-VI  San Pedro de Nós (Oleiros)
Fin  N-VI  /  AC-11  Pasaxe ao Burgo (A Coruña)

A AC-211 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de San Pedro de Nós (Oleiros) e Pasaxe ao Burgo (A Coruña), ao longo de 3,5 quilómetros. Forma parte da antiga estrada A Coruña - Madrid, posteriormente N-VI.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Paraugas, escultura ao lado da ponte do Burgo, na parroquia do Temple, Cambre.

A estrada, plenamente urbana, inicia o seu percorrido no Seixal, Oleiros, no límite co concello de Cambre. Baixa á Costa da Tapia, na parroquia do Temple (Cambre) até a ponte da ría do Burgo, na desembocadura do río Mero.

Pasa ao concello de Culleredo, por onde discorre, á beira da ría, polos lugares do Burgo e Acea de Ama, da parroquia do Burgo, e Fonteculler, da parroquia de Rutis, até chegar á rotonda da Ponte da Pasaxe, en Pasaxe ao Burgo, na parroquia de Elviña, no concello da Coruña.

Cambio de titularidade[editar | editar a fonte]

O 16 de marzo de 2016 o Consello da Xunta de Galicia aprobou ceder ao concello de Culleredo a titularidade e a xestión desta estrada no treito comprendido entre A Pasaxe e a ponte do Burgo.[1], amais dunha caseta de legoeiros en Acea de Ama.

Trátase dun treito de 2,67 km de lonxitude dunha vía (case a súa totalidade) que alberga localidades moi poboadas como Fonteculler, Acea de Ama e O Burgo e que, ademais, soporta unha carga diaria de aproximadamente 3.000 vehículos. Con isto, o concello a transformará nunha auténtica vía urbana. O cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte da publicación do decreto no DOG (é dicir, o día 18 de marzo de 2016) e a entrega dos bens formalizarase no prazo de dous meses mediante a sinatura da acta. Desde o goberno local explicaron que unha das primeiras medidas que se tomará na AC-211 será a renovación do sistema de semáforos e a eliminación do cambio de sentido fronte á urbanización "La Ría".[2] O cambio empezouse a notar cando nos indicadores de tráfico tapouse o antigo nome da estrada, AC-211.

Notas[editar | editar a fonte]