VG-1.7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VG-1.7
Vía de Alta Capacidade
Pardiñas-As Galanas
Mapa
Vía para automóbiles VG-1.7
ID antigo
Identificador
TipoloxíaVía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude3,30 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio AG-56  Pardiñas
Fin N-550  As Galanas
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A VG-1.7 ou Vía de Alta Capacidade Pardiñas-As Galanas[1][2] (na provincia da Coruña), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Pardiñas (Santiago de Compostela) e As Galanas (Teo); atravesa os concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo. Ten unha lonxitude de 3,30 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-56 en Pardiñas (Santiago de Compostela) e finaliza nun cruzamento coa N-550 nas Galanas (Teo).

Percorrido[editar | editar a fonte]

Inicia na rotonda cos accesos á autovía AG-56, e dúas estradas sen denominación, unha en dirección norte cara a Pardiñas (Laraño, Santiago de Compostela) e outra en dirección sur ao lugar do Outeiro (Bugallido, Ames), seguindo ata a ligazón da urbanización As Mimosas xunto a Biduído de Abaixo e a estrada á parroquia da Agrela. Termina no cruzamento coa estrada nacional N-550 no lugar das Galanas (Calo, Teo).

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras obras iniciáronse en xaneiro de 2006[3] e é un dos ramais da autovía AG-56 inaugurado en febreiro de 2008.[4][5][6] O ramal permite a conexión coa estrada N-550 evitando a travesía do Milladoiro, cun rodeo duns 5,1 quilómetros. Orixinalmente tivo a denominación AC-522 e a principios de 2018 mudou á actual VG-1.7.

Treitos[editar | editar a fonte]

Denominación Treito Kms Ano servizo
 VG-1.7   AG-56  Pardiñas -  N-550  As Galanas 3,3 2008[4][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "¿Habrá autovía en el 2008?". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xaneiro de 2006. 
  4. 4,0 4,1 "Touriño inaugura la autovía entre Santiago y Brión, que ahorra 20 minutos por trayecto a 25.000 usuarios". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2008. 
  5. 5,0 5,1 "La AG-56 ahorrará 20 minutos por trayecto a 25.000 usuarios diarios". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2008. 
  6. 6,0 6,1 "El protocolo demora 28 minutos la apertura al tráfico de la autovía e irrita a decenas de conductores". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2008.