VG-1.4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VG-1.4
Variante de Sardiñeiro
Mapa
Vía para automóbiles VG-1.4
Identificador
TipoloxíaVía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude4,86 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio AC-552  Cee
Fin AC-445  Sardiñeiro
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A VG-1.4 ou Variante de Sardiñeiro[1][2] (na provincia da Coruña), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Cee e Sardiñeiro (Fisterra); atravesa os concellos de Cee e Fisterra. Ten unha lonxitude de 4,86 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-552 en Cee e finaliza nun cruzamento coa AC-445 en Sardiñeiro (Fisterra).

Percorrido[editar | editar a fonte]

Inicia na rotonda da estrada AC-552 na parroquia de Lobelos (concello de Cee), e termina na rotonda da estrada AC-445 na parroquia de Sardiñeiro (concello de Fisterra) sen ligazóns en todo o percorrido.

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras obras iniciaron en setembro de 2008[3] e inauguraron en novembro de 2011[4][5][6][7] como unha alternativa de evitar as travesías de Cee e Corcubión co rodeo duns 8,8 quilómetros a través das estradas AC-552 e AC-445.

Treitos[editar | editar a fonte]

Denominación Treito Kms Ano servizo
 VG-1.4   AC-552  Lobelos -  AC-445  Sardiñeiro 4,9 2011[4][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "La ampliación del puerto de Brens comenzará a finales de este mes". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2008. 
  4. 4,0 4,1 "Feijóo renova o seu compromiso coa nova Autovía da Costa da Morte en 2013 para que avance "ao unísono" co resto de Galicia". Consultado o 28 de novembro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 "Fisterra y A Coruña están 9 minutos más cerca con la variante Cee-Sardiñeiro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2011. 
  6. 6,0 6,1 "Diez minutos menos para el fin del mundo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2011. 
  7. 7,0 7,1 "La vía de Sardiñeiro sacará de Cee unos 5.000 coches diarios". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2011.