AC-861

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-861
Mapa
Estrada AC-861
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude25,66 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio LU-861  O Pereiro
Fin AG-64  Igrexafeita

A AC-861[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades do Pereiro (As Pontes de García Rodríguez) co límite provincial da Coruña e Lugo e Igrexafeita (San Sadurniño); atravesa os concellos das Pontes de García Rodríguez, As Somozas e San Sadurniño. Ten unha lonxitude de 25,66 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa LU-861 no Pereiro (As Pontes de García Rodríguez) e finaliza nun cruzamento coa AG-64 en Igrexafeita (San Sadurniño).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.