VG-1.6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VG-1.6
Vía de Alta Capacidade
Mosqueiros-Santa Lucía
Mapa
Vía para automóbiles VG-1.6
Identificador
TipoloxíaVía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude0,78 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio AP-53  Mosqueiros
Fin N-525  Santa Lucía
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A VG-1.6 ou Vía de Alta Capacidade Mosqueiros-Santa Lucía[1][2] (na provincia da Coruña), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Mosqueiros (Teo) e Santa Lucía (Santiago de Compostela); atravesa os concellos de Teo e Santiago de Compostela. Ten unha lonxitude de 0,78 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AP-53 en Mosqueiros (Teo) e finaliza nun cruzamento coa N-525 en Santa Lucía (Santiago de Compostela).

Percorrido[editar | editar a fonte]

Inicia na rotonda dos accesos á autoestrada de peaxe Central de Galicia, AP-53, á estrada AC-537 e á autovía AG-59 na parroquia da Barcia (concello de Teo) e termina na rotonda da estrada nacional N-525 con outro acceso ao camiño do Eixo Abaixo, na parroquia do Valado (concello de Santiago de Compostela). Na metade do percorrido atópase o viaduto duns 95 metros sen pasar por baixo o río e esta limitada a velocidade máxima a 80 km/h co sinal de advertencia de perigo por vento transversal.

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras obras iniciaron en maio de 2005,[3] e é un dos ramais da autovía AG-59 inaugurado en novembro de 2008.[4][5] Permitindo este ramal para a conexión coa estrada nacional N-525 pola alternativa da autoestrada de peaxe, AP-53.

Treitos[editar | editar a fonte]

Denominación Treito Kms Ano servizo
 VG-1.6   AP-53  A Barcia -  N-525  O Valado 0,8 2008[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "El primer tramo de la variante de Teo estará terminado dentro de dos años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2005. 
  4. 4,0 4,1 "La autovía AG-59 libera a Santiago del paso de 20.000 vehículos diarios". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2008. 
  5. 5,0 5,1 "Acoe ve en la apertura de la autovía a Santiago un reto y una amenaza". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2008.