PO-308

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PO-308
Mapa
Estrada PO-308
Fito quilométrico da antiga estrada C-550 ao paso da PO-308 por Noalla (Sanxenxo)
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Complementaria
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude28,48 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio PO-531  Pontevedra (oeste)
Fin PO-550  A Lanzada

A PO-308[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Pontevedra e A Lanzada (O Grove); atravesa os concellos de Pontevedra, Poio, Sanxenxo e O Grove. Ten unha lonxitude de 28,48 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-531 no oeste de Pontevedra finaliza nun cruzamento coa PO-550 na Lanzada (O Grove). Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Pasa por Combarro, Raxó, Areas, Sanxenxo, Portonovo e Noalla, e durante todo o ano hai bastante tráfico dende Pontevedra ata San Xoán de Poio e a VG-4.8.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.