AC-523

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-523
Mapa
Estrada AC-523
Inicio da estrada AC-523 en Ledoño (Culleredo)
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude15,65 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio A-6  Ledoño
Fin DP-2405  Meirama

A AC-523[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Ledoño (Culleredo) e Meirama (Cerceda); atravesa os concellos de Culleredo, A Laracha e Cerceda. Ten unha lonxitude de 15,65 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa A-6 en Ledoño (Culleredo) e finaliza nun cruzamento coa DP-2405 en Meirama (Cerceda).

Percorrido[editar | editar a fonte]

A estrada inicia o seu percorrido en Ledoño (Culleredo), na confluencia da autovía A-6 e a autovía urbana AC-14, nas inmediacións do polígono industrial de Ledoño. Remata no lugar de Morzós nas Encrobas (Cerceda), nas proximidades das instalacións de Sogama, logo de 15,65 quilómetros de percorrido. Neste lugar a vía prosegue coa denominación DP-2405, partindo do punto quilométrico 1.7 cara ao Mesón do Vento (Ordes), pasando pola central térmica de Meirama.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.