PO-510

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PO-510
Mapa
Estrada PO-510
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude15,75 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio N-550  Atios
Fin PO-400  Oleiros

A PO-510[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Atios (O Porriño) e Oleiros (Salvaterra de Miño); atravesa os concellos do Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. Ten unha lonxitude de 15,75 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-550 en Atios (O Porriño) e finaliza nun cruzamento coa PO-400 en Oleiros (Salvaterra de Miño).

Percorrido e características[editar | editar a fonte]

A PO-510 ten a súa orixe na antiga estrada do Porriño a Salvaterra de Miño. Nos primeiros tres quilómetros segue o mesmo trazado que esta vía, atravesando unha zona industrial e o lugar de Vacaría, o que ten xerado as protestas dos veciños pola alta densidade de tráfico.[3]

A partir do quilómetro tres, segue un trazado de nova creación, tomando a antiga estrada a denominación PO-407 ou PO-399. Este trazado está completamente valado e non ten cruzamentos ao mesmo nivel coas outras vías. Remata nunha rotonda que a enlaza coas estradas PO-400 e PO-402.

En 2008 abriuse un ramal que permite acceder a autovía A-55 sentido Vigo directamente dende a PO-510 no enlace da Casilla,[4] o que permite ao tráfico procedente de Salceda de Caselas e de Salvaterra de Miño acceder a autovía sen atravesar o centro do Porriño ou o polígono industrial das Gándaras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "Vecinos de A Vaquería cortan un carril de la PO-510". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  4. "Salceda logra un enlace directo con la autovía a Vigo después de seis años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2008.