OU-525

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OU-525
Mapa
Estrada OU-525
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude13,98 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio N-525  San Cibrao das Viñas
Fin A-52  Allariz

A OU-525[1][2] (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de San Cibrao das Viñas e Allariz; atravesa os concellos de San Cibrao das Viñas, Taboadela e Allariz. Ten unha lonxitude de 13,98 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-525 en San Cibrao das Viñas e finaliza nun cruzamento coa A-52 en Allariz.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.