AC-432

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-432
Mapa
Estrada AC-432
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Complementaria
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude18,22 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio AC-552  Vimianzo
FinCamariñas

A AC-432[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Vimianzo e Camariñas; atravesa os concellos de Vimianzo e Camariñas. Ten unha lonxitude de 18,22 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-552 en Vimianzo e finaliza en Camariñas.

Percorrido[editar | editar a fonte]

A estrada comeza o seu percorrido na travesía urbana da AC-552 ao seu paso polo núcleo de Vimianzo, durante este primeiro treito figura no nomenclátor municipal como "Rúa Trasariz". Logo continúa pola parroquia de Calo e cruza o río Grande, tralo cal atravesa a parroquia de Carantoña. Entra no termo de Camariñas pola parroquia da Ponte do Porto primeiro e a continuación pola de Xaviña para rematar, por fin, na capital municipal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.