LU-862

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LU-862
Mapa
Estrada LU-862
Vista á ponte de Viveiro sobre a ría de Viveiro (á dereita da imaxe)
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude30,06 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio AC-862  O Porto do Barqueiro
Fin N-642  San Cibrao

A LU-862[1][2] (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades do Porto do Barqueiro (Mañón) e San Cibrao (Cervo); atravesa os concellos do Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo. Ten unha lonxitude de 30,06 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-862 no Porto do Barqueiro (Mañón) co límite provincial de Lugo e Coruña e finaliza nun cruzamento coa N-642 en San Cibrao (Cervo).

Percorrido[editar | editar a fonte]

Comeza o seu trazado na ponte sobre a ría do Barqueiro, que une coa estrada AC-862 á altura do Vicedo. En Viveiro crúzase coa LU-540 para finalmente terminar no cruzamento de Fontecova nos arredores de San Cibrao (Cervo), uníndose á N-642.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.