Anxo (antroponimia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

{Outroshomónimos|Anxo}}

Xacob a loitar cun anxo, de Gustave Doré.

Anxo é un nome propio masculino de orixe grega na súa variante en galego. O nome procede do latín angelus, que á súa vez deriva do grego ἄγγελος (ággelos), que quere dicir "mensaxeiro". É un nome moi común en todo o mundo occidental coas súas propias derivacións árabes e hebraicas. Os anxos teñen sido os gardiáns do ceo en termos bíblicos e de mitoloxía hebraica concordante coa relixión predominante na civilización occidental, xunto ao mundo hebraico actual e islámico. O feminino galego é Anxa ou Ánxela.

Santoral[editar | editar a fonte]

Anxo[editar | editar a fonte]

2 de outubro: Santos Anxos Custodios.

Anxa ou Ánxela[editar | editar a fonte]

4 de xaneiro: Santa Anxa: natural de Foligno, viviu no século XIII. 27 de xaneiro: Santa Anxa de Mericí: franciscana, viviu no século XV. 2 de outubro: Santos Anxos Custodios. 5 de novembro: Santa Ánxela da Cruz, Sevilla. 14 de decembro: Santa Anxa de Urbina e Antezana

Variantes[editar | editar a fonte]

  • Feminino: Anxa, Ánxela, Anxélica, Anxos, Anxelina.

O nome en Galicia[editar | editar a fonte]

A variante castelá Ángel desprazou a galega dende hai anos. Con todo nos últimos anos a variante galega tense volvido moi popular. 2.398 varóns levan a variante galega do nome hoxe en Galicia, 2.514 en toda España. 272 mulleres levan a variante Ánxela. A variante castelá Ángel ten 12.102 varóns en Galicia, porén non é un nome moi popular en Galicia se o comparamos con Castela, onde hai altas porcentaxes[1].

Variantes noutras linguas[editar | editar a fonte]

Variantes noutras linguas
Lingua albanesa Engjëlli
Lingua alemá Engel
Lingua aragonesa Anchel
Lingua asturiana Ánxelu
Lingua búlgara Ангел (Angel)
Lingua catalá Àngel
Lingua checa Anděl
Lingua corsa Anghjulu
Lingua dinamarquesa Angelus
Lingua escocesa Aingeal
Lingua española Ángel (fem. Ángela, Ángeles, Angelina e Angélica).
Esperanto Anĝelo
Éuscaro Aingeru, Gotzon
Lingua finlandesa Angelus
Lingua francesa Ange
Lingua galega Anxo
Lingua grega Άγγελος (Aggelos)
Lingua neerlandesa Angelus
Lingua húngara Angelusz
Lingua hawaiana Anhel
Lingua inglesa Angel
Lingua italiana Angelo[2]
Lingua xaponesa 天使 (tenshi)
Latín Angelus
Lingua lituana Angelas
Lingua maltesa Anġlu
Lingua norueguesa Angelus
Lingua polonesa Anioł
Lingua portuguesa Anjo, Ângelo
Lingua romanesa Anghel
Lingua rusa Ангел (Angel)
Lingua sarda Angelu
Lingua siciliana Àncilu
Lingua sueca Angelus

Personaxes celebres[editar | editar a fonte]

Antigüidade[editar | editar a fonte]

  • Anxo de Sicilia (Santo Anxo de Sicilia), Sicilia, 1225, presbítero e mártir siciliano.
  • Ángela de la Cruz (Santa Ánxela da Cruz), Sevilla, 1846, relixiosa católica andaluza.
  • Ánxela de Foligno (Santa Angela da Foligno), Foligno, 1248, terciaria franciscana, mística e escritora medieval italiana.
  • Ánxela Merici (Santa Ánxela de Merici), Desenzano del Garda (Brescia), 1474, foi unha relixiosa italiana.
  • Miguel Anxo, coñecido coma Michelangelo, Caprese Michelangelo, 1564, foi un escultor, arquitecto, pintor e poeta italiano.
  • Dinastía Anxo, dinastía que gobernou Constantinopla e o Imperio bizantino de 1185 a 1204.

Outras personalidades[editar | editar a fonte]

Galegos[editar | editar a fonte]

Mulleres[editar | editar a fonte]

Estranxeiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]