Isaac II Anxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isaac II Anxo (c. 1155 - Constantinopla, 1204), emperador bizantino entre 1185 e 1195 e novamente entre 1203 e 1204.

Neto de Teodora Comnena Porfiroxéneta, filla menor do Emperador Aleixo I Comneno, e polo tanto membro do clan imperial, proclamouse emperador logo de derrocar a Andrónico I Comneno. Enfrontouse coa nobreza. Foi vencido polos búlgaros. Derrocouno Aleixo III Anxo, o seu irmán. Foi restablecido pola Cuarta Cruzada en 1203 e gobernou co seu fillo Aleixo IV Anxo ata que Aleixo Ducas Murzuflos os asasinou, proclamándose emperador co nome de Aleixo V.



Imperio Bizantino

Segue a:
Andrónico I Comneno
Isaac II Anxo
Precede a:
Aleixo III Anxo
Dinastía Anxo