Anxo Rei Ballesteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnxo Rei Ballesteros
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1952 Editar o valor em Wikidata
Ardesende, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de outubro de 2008 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Jesús Armada
IrmánsPaulo Rei Ballesteros Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 541520

Anxo Adolfo Rei Ballesteros, nado en Ardesende (Codeso, Boqueixón)[1] o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña[2] o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego que cultivou a novela, o teatro, o ensaio e a tradución.

É irmán de Paulo Rei Ballesteros[3].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xornadas homenaxe a Anxo Rei Ballesteros. Outono de 2018. A Pobra do Caramiñal. Manuel Castelao e María Jesús Armada (viúva do homenaxeado)

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comezou nos anos mozos colaborando coa revista efémera Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada por Edicións Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibiu o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Antón Losada Diéguez en 1993.

Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de William Shakespeare e o problema do tempo.

Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra do Caramiñal.

En novembro de 2009 aparecu unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia.[4] Máis tarde apareceu entre os papeis do autor a que debeu ser a súa primeira obra en galego, a novela Dezanove badaladas, publicada tamén por Galaxia no outono de 2018.[5] Ambientada na Galicia dos anos 1970, conta os cambios nunha sociedade na que o urbano vai gañando terreo ao rural[6].

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Dezanove badaladas, (2018). Vigo: Galaxia.[7] 188 páxs. Escrita entre1969-70, cando o autor tiña 19 anos. ISBN 978-84-9151-201-1.
  • Dos anxos e dos mortos (1977). Vigo: Castrelos (reeditada en 1991 en Galaxia).[8]
  • Querido Brais. (1977). Concello da Pobra do Caramiñal. ISBN 978-84-606-1341-1.
  • Loaira (1992). Galaxia. Loaira é, segundo o crítico Xoán González Millán "un dos proxectos novelísticos máis complexos e ambiciosos da historia da narrativa galega".[9] Segundo Manuel Castelao Mexuto pode ser considerada a mellor novela galega do século XX.[10]
    • Loaira (2023). Santiago: Laiovento. 490 páxs. ISBN 978-84-8487-629-8. Libro electrónico: ISBN 978-84-8487-630-4. Esta edición de Manuel Castelao Mexuto "corrixe as numerosísimas grallas que tanto desluciron a primeira edición e suxire –en coherencia co espírito antiautoritario (contra o Autor coactivo) do Ballesteros– unha orde de lectura dos capítulos alternativa, a cal torna un texto tradicionalmente considerado difícil nunha novela fascinante, a mellor recreación artística do mundo estudantil de Santiago de Compostela nos inesquecíbeis anos do tardofranquismo e memoria viva das súas pulsións máis imperecedoiras, nomeadamente, a emancipadora esixencia de mudar a vida", en palabras da editora.[11]
  • A sombra dos teus soños (1998). Vigo: Galaxia. ISBN 9788482882130. Segundo a editorial: "Atopamos relatos sobre un mundo antigo, unha Galicia rural, impenetrable, misteriosa, nos que o autor acada unha expresividade case magoante. Pero tamén hai contos sobre o mundo moderno, que se desenvolven tanto en Galicia como fóra".[12] Reeditada en 2011: 140 páxs.
  • Non sei cando nos veremos (2005). Vigo: Galaxia. 260 páxs. ISBN 978-84-8288-803-3.[13]. Para o xornal da USC: "a obra ... preséntase agora baixo a forma dun relato novelesco no que a lingua oral e a narración directa, precisa e de trazado firme, se combinan coa crítica contundente da moral e as formas de vida da sociedade de hoxe".[14]
  • A noite do moucho. (2009). Vigo: Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-9865-240-6.[15]

Teatro[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • "A outra memoria", en Grial (1989).[16]
  • Tempo e vinganza (2003). Vigo: Galaxia. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. 308 páxs. ISBN 978-84-8288-603-9. Segundo a editora: "Rei Ballesteros realiza unha serie de suxestivos achegamentos a temas tan fundamentais na nosa cultural coma o amor, a morte, a familia, a orixe e a comunidade."[17]
  • Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot) (2013). Axóuxere. 140 páxs. ISBN 978-8494137914. Para a editorial: "Obra inédita, atopada entre os papeis do propio Anxo, manografada e nun estado non conclusivo, supón a derradeira reflexión ou divagación coa que contamos sobre as inquedanzas interiores que o escritor tiña no seu transcorrer como creador".[18]
  • A dificultade de falar. Artigos e ensaios (2021). Vigo: Galaxia. 394 páxs. ISBN 978-84-9151-585-2. Escritos entre 1979 e 2006

Traducións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Maria Jesús Armada (7 de decembro de 2018). "Placa colocada por iniciativa da Asociación Cultural "Pena do Corvo" na casa natal dos irmáns Anxo e Paulo Rei Ballesteros". Facebook. 
  2. Suso de Toro (3 de novembro de 2008). "Anxo Rei Ballesteros, escritor gallego". El País (en castelán). 
  3. "Anxo Rei Ballesteros reviviu pola palabra". La Voz de Galicia. 1 de decembro de 2012. 
  4. "Nova vida literaria para Anxo Rei Ballesteros" Vieiros, 31/10/2009.
  5. "Badaladas na memoria do mozo Anxo Rei Ballesteros". La Voz de Galicia. 19/10/2018. 
  6. "Malores Villanueva: «O proxecto de escrita de Anxo Rei Ballesteros levedará co paso do tempo»". La Voz de Galicia. Consultado o 23/10/2018. 
  7. Galaxia, Editorial (2018-10-18). "Xa nas librarías Dezanove badaladas, unha novela inédita de Rei Ballesteros". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-11. 
  8. Despois incluída na Biblioteca Galega 120 co número 55.
  9. "Loaira". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-09. 
  10. Castelao, Manuel (2018). "Na nebulosa do Anxo: ‘Loaira’ revisitada". Barbantia (14): 133–153. 
  11. "Edicións Laiovento - LOAIRA". laiovento.gal. Consultado o 2023-07-18. 
  12. "A SOMBRA DOS TEUS SOÑOS de REI BALLESTEROS, ANXO: EDITORIAL GALAXIA, EDITORIAL GALAXIA, S.A. 9788482882130 Rústica (Tapa blanda) - CENTRAL LIBRERA REAL FERROL". www.iberlibro.com. Consultado o 2019-02-09. 
  13. "Non sei cando nos veremos". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-09. 
  14. "Non sei cando nos veremos - - USC". xornal.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-09. 
  15. "A noite do moucho". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-11. 
  16. Grial n.º 104 pp. 494-505
  17. "Tempo e vinganza". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-09. 
  18. "Presenza dunha ausencia". tenda.axouxerestream.com. Consultado o 2019-02-09. 
  19. 19,0 19,1 "A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros". Cultura Galega. 17/10/2018. Consultado o 17/10/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]