Anxo Guerreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anxo Guerreiro despois da homenaxe en Santiago de Compostela, 14 de abril de 2007

Anxo Guerreiro Carreiras, nado en Xermade en 1945, é un político galego.

[editar] Traxectoria

Foi deputado no Parlamento de Galicia polo PCE (1981-1985), máximo dirixente do Partido Comunista de Galicia e de Esquerda Unida. As súas discrepancias con Julio Anguita levárono a separar a organización galega da federal creando Esquerda de Galicia, e que acudiu ás eleccións autonómicas de 1997 en coalición co PSdeG, o que posibilitou que de novo fose elixido deputado (1997-2001). Esta separación non foi aceptada por unha parte de Esquerda Unida (minoritaria) que se presentaron a esas eleccións co nome de Izquierda Unida e tomaron o nome de Esquerda Unida-Izquierda Unida (Na X Asemblea Nacional, readoptaron o nome de Esquerda Unida unicamente).

Nas eleccións de 2001, o PSdeG non quixo reeditar o pacto e EdeG presentouse en solitario con Anxo Guerreiro como candidato á presidencia da Xunta pero, tralos malos resultados obtidos, Guerreiro dimitiu e EdeG acabou desaparecendo.

Na actualidade presenta o programa de debate Quintana dos vivos en Localia de Santiago de Compostela e participa no programa de debate A crónica na Radio Galega.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas