Raúl Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raúl Castro

Raúl Castro Ruz, nado o 3 de xuño de 1931, é o presidente do Consello de Estado de Cuba e polo tanto presidente de Cuba.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Fidel Castro e descendente de galegos de Láncara, ocupou durante moitos anos os cargos de vicepresidente do Consello de Ministros, primeiro vicepresidente do Consello de Estado de Cuba, vicesecretario do Politburó e do Comité Central do Partido Comunista de Cuba (PCC), e Máximo Xeneral das Forzas Armadas (exército, mariña e forza aérea), segundo do Comandante en Xefe, Fidel Castro.

De acordo co artigo 94 da Constitución Cubana, o primeiro vicepresidente do Consello de Estado, cargo ocupado por Raúl Castro, asome as funcións presidenciais en caso de incapacidade ou falecemento do presidente. Así as cousas, o 1 de agosto de 2006 Raúl Castro asumiu temporalmente a Xefatura do Estado por enfermidade do seu irmán. Esa situación provisional tornouse definitiva o 24 de febreiro de 2008, cando foi nomeado presidente do Consello de Estado de Cuba.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Raúl Castro