Anxo Lorenzo
| Anxo Lorenzo | |
|---|---|
Anxo Lorenzo no Festival Intercéltico de Lorient. |
|
| Nome completo | |
| Alias | |
| Naceu | 28 de decembro de 1974 (38 anos) Moaña, Galicia |
| Orixe | {{{orixe}}} |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | Música celta, folk |
| Instrumento(s) | Gaita |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | Zouma Records |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | 1979 — actualidade |
| Web | Páxina ofical |
Anxo Lorenzo, nado en Moaña en 1974, é un gaiteiro galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Comezou a tocar a frauta con cinco anos e a gaita con seis. Aos 8 comezou a estudar no Conservatorio de Vigo, aprendendo solfexo, harmonía, piano e frauta barroca e gaita con Carlos Núñez. Asistiu a cursos de gaita con Moxenas, Patrick Molard e Fred Morrison. Durante cinco anos asiste ó obradoiro de Instrumentos Populares Galegos da Universidade Popular de Vigo, baixo a dirección de Antón Corral.
Dende os doce anos colaborou con grupos de música tradicional galegos como Xarabal, Duos Pontes, Semente Nova ou Lembranzas Galegas, cos que realiza traballos de investigación e recollida de música tradicional así como gravacións, concertos e xiras por España, Francia, Estados Unidos, Inglaterra e Irlanda. [1].
Ten participado en festivais do mundo celta[2][3] como o Festival Intercéltico de Lorient, Festival Intercéltico do Morrazo, o Festival do Mundo Celta de Ortigueira[4] ou o William Kennedy Internacional Festival Piping.
Recibiu diversos galardóns do mundo da gaita, como o Premio Macallan en Lorient.
Colaborou con artistas como Mónica Molina, Ska-P, Chambao, Poncho Ka, Los Feliz, Amistades Peligrosas, Kathryn Tickell ou Rory Campbell, fusionando a gaita galega co pop, o rock e a música electrónica.
Xunto a Pedro González creou o grupo Spiritu 986, sacando o primeiro disco en 2001. Mesturan o son da gaita máis ancestral coa máis vangardista produción musical a través da máis moderna tecnoloxía.
En 2010 publicou o disco Tirán. A súa banda está formada por Xosé Liz (bouzouki), Luís Peixoto (bandolín, cavaquiño e percusións), Begoña Riobó (violín), Álvaro Iglesias (contrabaixo) e Eoghan Neff (violín). O disco conta con 11 temas variados, e conta coas colaboracións de Anxo Pintos, Pancho Álvarez, Kathryn Tickell, Peter Tickell, Pablo de Vigo, Luis Peixoto (Dazkarieh), Roi Adrio (Quempallou) e Jorge Arribas (La Musgaña).
Notas [editar]
- ↑ «Anxo Lorenzo de gira por Irlanda e Inglaterra», artigo en Xornal de Galicia 16 de xullo de 2010 (en castelán).
- ↑ «El gaitero Anxo Lorenzo dio toda una lección de virtuosismo», artigo en El Mundo, 13 de xullo de 2010 (en castelán).
- ↑ «John McSherry y Anxo Lorenzo actuarán en el Intercéltico de Moaña, de cuyo cartel se cae Solas», artigo no Faro de Vigo, 22 de xullo de 2010 (en castelán).
- ↑ «La música celta de Anxo Lorenzo ya suena en Ortigueira», artigo en La Voz de Galicia, 1 de xullo de 2010.