Lista de nomes masculinos en galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.

Índice: A B C D E F G H I J K L M N Ñ O P Q R S T U V W X Y Z

A[editar | editar a fonte]

  • Aarón. Exipcio. Alta montaña, de grande nome.
  • Abdías. Hebreo. Servo de Deus.
  • Abdón. Hebreo. Servo de Deus.
  • Abel. Hebreo. Fillo, efémero.
  • Abelardo. Hebreo + xermano. Fillo nobre e forte.
  • Abilio. Latín. Esperto.
  • Abraham. Hebreo. Pai da multitude, das xentes.
  • Abril. Do latín aprilis, nome que os romanos daban os fillos nados no mes de abril.
  • Abundio. Latín. Abundante, pletórico.
  • Acacio. Grego. Bo.
  • Acisclo. Latín. Canteiro ou martelo pequeniño.
  • Adalberto. Xermano. Totalmente nobre.
  • Adan. Hebreo. Feito de terra.
  • Adelardo. Xermano. Nobre e forte.
  • Ademar. De etimoloxía incerta, pénsase que procede do antigo alemán athal (nobre) e marus (célebre).
  • Adolfo. Xermano. Lobo ou guerreiro ilustre.
  • Adonis. Grego. Señor.
  • Afonso. Xermano. Preparado para o combate.
  • Afrodisio. Grego. Amoroso.
  • Agapito. Grego. Amábel, digno de ser amado.
  • Agatón. Grego. Home bo.
  • Agostiño. Latín. Xentilicio derivado de Augusto, consagrado polos augures.
  • Agripino. Latín. Da familia romana de Agripa, que naceu de pé.
  • Airas. Non hai unha etimoloxía aceptada que explique a orixe do nome.
  • Aitor. Vasco. Pai.
  • Aladino. Árabe. Posuído pola fe.
  • Alan. Celta. Harmonía.
  • Alarico. Xermano. Riquísimo.
  • Alban. Latín. Natural de Alba Longa, zona de Italia.
  • Albano. Latín. Natural de Alba Longa, zona de Italia.
  • Alberte. Xermano. Brillante pola súa nobreza ou totalmente nobre.
  • Alberto. Xermano. Totalmente nobre.
  • Albino. Latín. Branco. / Xermano. Amigo dos Elfos.
  • Alceo. Grego. Forte.
  • Alcibiades. Grego. Vida forte.
  • Aldán. Xermano. Esperto, vello.
  • Aldo. Xermano. Vello, esperto.
  • Aleixo. Grego. Defensor, protector.
  • Alexandre. Grego. Home que defende algo, defensor, que rexeita o inimigo.
  • Alexis. Grego. Defensor, protector.
  • Alfeo. Grego. O primeiro.
  • Alfredo. Xermano. Gobernante pacífico; consello dos Elfos, protectores bos.
  • Álvaro. Xermano. Moi atento; nobre gardián.
  • Amable. Latín. Amábel, digno de ser amado.
  • Amadeo. Latín. Que ama a Deus.
  • Amadis. Latín. Devoto.
  • Amado. Latín. Amado.
  • Amador. Latín. Que ama.
  • Amancio. Latín. Que debe ser amado.
  • Amando. Latín. Digno de ser amado.
  • Amaro. Latín. Mouro; da Mauritania.
  • Ambrosio. Grego. Inmortal, de natureza divina.
  • Américo. Latín. Pertencente á cidade latina de Ameria.
  • Amilcar. Fenicio. Irmán do deus Melkar, o rei da cidade.
  • Amir. Árabe. Príncipe.
  • Amos. Hebreo. Deus protexeute.
  • Anacleto. Grego. Invocado.
  • Anastasio. Grego. Resurrección.
  • Anatolio. Grego. Oriental.
  • André. Grego. Viril.
  • Aniano. Latín. Consagrado a Anna Perenna, deusa do ano.
  • Aniceto. Grego. Invicto, non vencido.
  • Anisio. Grego. Perfumado; que ole como o fiúncho.
  • Anselmo. Xermano. Helmo protector, helmo divino; que ten protección divina.
  • Antenor. Grego. Que combate cos homes.
  • Anteo. Grego. Adversario, contrincante.
  • Antero. Grego. Que reflicte amor.
  • Antíoco. Grego. Que resiste contra; que está firme en...
  • Antoíño. Grego (a través do latín). Florido.
  • Antonio. Grego (a través do latín). Florido.
  • Antón. Grego (a través do latín). Florido.
  • Anxelo. Grego. Mensaxeiro.
  • Anxo. Grego. Mensaxeiro.
  • Aparicio. Latín. Aparición.
  • Apolinario. Grego. Consagrado a Apolo.
  • Apolo. Grego. Forte, potente, dador de vida.
  • Apolodoro. Grego. Regalo do deus Apolo.
  • Apolonio. Grego. Consagrado a Apolo.
  • Aquiles. Grego. Lobo espantoso.
  • Aquilino. Latín. Relativo á familia de Aquiles; da natureza da aguia.
  • Arcadio. Grego. Natural da Arcadia, provincia grega do Peloponeso.
  • Arduíno. Xermano. Amigo forte.
  • Ares. Grego. Deus da guerra.
  • Arias. Xermano. Estimado.
  • Ariel. Hebreo. León de Deus.
  • Aristides. Grego. O mellor.
  • Aristóbulo. Grego. Moi distinguido no consello.
  • Arlindo. Xermano. Forte e doce.
  • Armando. Xermano. Home valoroso, ousado.
  • Arnaldo. Xermano. Aguia forte.
  • Arnolfo. Xermano. Aguia forte.
  • Arnulfo. Xermano. Aguia e lobo; gobernante e guerreiro.
  • Arsenio. Grego. Viril, propio de homes.
  • Artur. Grego. Coidador da constelación da Osa.
  • Artus. Grego. Coidador da constelación da Osa.
  • Arximiro. Xermano. De nobre berce.
  • Asdrúbal. Fenicio. Regalo do deus Baal.
  • Astor. Xermano. Lanza.
  • Atanasio. Grego. Inmortal.
  • Ático. Grego. Natural da Ática.
  • Atilano. Xermano. Propio de Atila, pai, rei dos Hunos.
  • Augusto. Latín. Consagrado polos augures ou adiviños.
  • Aureliano. Latín. Brillante como un sol.
  • Aurelio. Latín. Brillante, da cor do ouro.
  • Avelino. Xermano. Desexado ardentemente.

B[editar | editar a fonte]

  • Balbino. Latín. Pertencente á familia romana Balba; tatexo, que balbucea.
  • Baldomero. Xermano. Audaz ou valente protector.
  • Balduíno. Xermano. Amigo valente.
  • Baltasar. Asirio. Que o deus Baal protexa ao rei.
  • Bartolomeu. Hebraico. Moi enrugado; fillo de Ptolomeo.
  • Baruc. Hebreo. Bendito.
  • Basileo. Grego. Rei.
  • Basilio. Grego. Rei, real.
  • Basiliano. Grego. Relativo ao rei.
  • Bastián. Grego. Venerábel.
  • Baudilio. Celta e latín. Vencedor.
  • Bautista. Grego. O que bautiza.
  • Belarmino. Xermano. Protector decidido.
  • Beltrán. Xermano. Famoso defensor.
  • Benigno. Latín. Bondadoso.
  • Benedito. Latín. Ben nomeado, bendito.
  • Bento. Latín. Ben nomeado, bendito.
  • Benvido. Latín. Benvido.
  • Benxamín. Hebreo. Fillo predilecto.
  • Berenguel. Xermano. Lanceiro; guerreiro preparado.
  • Berenguer. Xermano. Lanceiro; guerreiro preparado.
  • Bernabeu. Hebreo. Fillo da profecía, profeta.
  • Bernal. Xermano. Oso forte.
  • Bernaldino. Xermano. Oso forte.
  • Bernaldo. Xermano. Oso forte.
  • Berto. Xermano. Ilustre, famoso, brillante.
  • Bertomeu. Hebraico. Moi enrugado; fillo de Ptolomeo.
  • Bertrán. Xermano. Escudo brillante, escudo famoso.
  • Bieito. Latín. Ben nomeado, bendito.
  • Boaventura. Latín. Bo augurio, boa sorte.
  • Bonifacio. Latín. Benfeitor, que fai o ben.
  • Boris. Ruso. O que conquista a gloria combatendo.
  • Brais. Latín. Tatexo, que tatexa ou balbucea.
  • Brandán. Celta. Personaxe lendario que emigra mar adiante.
  • Brandomil. Xermano. Célebre.
  • Braulio. Xermano. Lume, espada.
  • Breixo. Latín. Moi certo.
  • Breogán. Celta. Xefe dos celtas habitantes da Galiza.
  • Britón. Xermano. Orixinario da Bretaña.
  • Bruño. Xermano. De cor escura, tendente a negra.

C[editar | editar a fonte]

  • Caetano. Latín. Relativo a Caio, alegre.
  • Caio. Latín. Alegre. / Etrusco. Gabián.
  • Caitán. Latín. Relativo a Caio, alegre.
  • Calímaco. Grego. Belísimo combatente.
  • Calisto. Grego. Belísimo, o máis belo.
  • Camilo. Etrusco. Ministro de Deus, sacerdote.
  • Campio. Grego. Que dá alegría / Latín. Labrego, campesiño.
  • Cándido. Latín. Branco, sen malicia.
  • Canuto. Escandinavo. Vencello, nó; atrevido, valente.
  • Caralampio. Grego. Que dá alegría.
  • Carlos. Xermano. Home libre, home, viril.
  • Carmelo. Hebreo. Viña, xardín. / Latín. Canto ou poema.
  • Casandro. Grego. O que axuda ao home.
  • Casiano. Latín. Distinguido, esplendoroso.
  • Casildo. Árabe. Cantiga.
  • Casimiro. Xermano. O que impón a paz.
  • Casio. Latín. Excelso, ilustre.
  • Casto. Latín. Puro, virtuoso, casto.
  • Castor. Latín. Castor, animal.
  • Catulo. Latín. Perspicaz, intelixente.
  • Cecilio. Latín. Cego, curto de vista.
  • Ceferino. Latín. Relativo ao vento Céfiro, o que porta a vida.
  • Celestino. Latín. Do ceo.
  • Celidonio. Grego. Parecido á andoriña.
  • Celio. Latín. Relativo ao ceo.
  • Celso. Latín. Relativo ao ceo.
  • César. Latín. Con moito pelo.
  • Cesáreo. Latín. Relativo ao César.
  • Cibrán. Latín. Habitante de Chipre.
  • Cibrao. Latín. Habitante de Chipre.
  • Cilistro. Latín. Pertencente ou relativo ao ceo.
  • Ciríaco. Grego. Derivado de Ciro, sol ou señor.
  • Cirilo. Grego. Divino.
  • Ciro. Persa. Sol, deus.
  • Claudio. Latín. Da familia Claudia, coxo.
  • Clemente. Latín. Clemente.
  • Clemenzo. Latín. Clemente.
  • Cleofás. Grego. De glorioso pai.
  • Cleto. Grego. Invocado.
  • Clodio. Latín. Da familia Claudia, coxo.
  • Columbano. Latín. Pertencente á familia Colombo, pombo.
  • Conrado. Xermano. Consello de ousado ou atrevido.
  • Constante. Latín. Firme, inquebrantábel.
  • Constantino. Latín. Moi constante, perseverante.
  • Cornelio. Latín. Abundante.
  • Cosme. Grego. Universo; disposto en orde.
  • Crisanto. Grego. Flor dourada.
  • Crisóstomo. Grego. De boca de ouro.
  • Crispín. Latín. De cabelo crecho.
  • Cristian. Latín. Cristián, unxido, discípulo de Cristo.
  • Cristovo. Latín (do grego). Portador de Cristo.
  • Cucufate. Latín. Encarrapuchado.
  • Custodio. Latín. O anxo gardián, coidador.

D[editar | editar a fonte]

  • Daciano. Latín. Orixinario da Dacia.
  • Dacio. Latín. Orixinario da Dacia.
  • Dagoberto. Xermano. Día brillante.
  • Dalmacio. Latín. Orixinario da Dalmacia.
  • Dalmiro. Xermano. Ilustre pola súa beleza.
  • Dámaso. Grego. Domado, amansado.
  • Damián. Grego. O que domina, dominador.
  • Daniel. Hebreo. Deus é o meu xuíz.
  • Dante. Latín. Firme, duradeiro.
  • Darío. Persa. Activo, posuidor do ben.
  • David. Hebreo. Estimado.
  • Delfín. Grego. Golfiño; besta feroz.
  • Delio. Grego. Orixinario da illa de Delos.
  • Demetrio. Grego. Devoto de Demeter, deusa da agricultura.
  • Denís. Grego. Consagrado a Dioniso, divindade do viño, das festas e da alegría.
  • Deogracias. Latín. Grazas a Deus.
  • Desiderio. Latín. Desexábel, aspiración.
  • Diego. Hebreo. O segundo, o fillo segundo.
  • Digno. Latín. Digno.
  • Dimas. Grego. Que está a morrer, feble.
  • Dinís. Grego. Consagrado a Dioniso.
  • Dino. Grego. Forte.
  • Diodoro. Grego. Regalo de Deus.
  • Diomedes. Grego. Pensamento de Deus.
  • Dióxenes. Grego. Nacido de Xúpiter; xerado por Deus.
  • Domiciano. Latín. Domesticado.
  • Domingos. Latín. Pertencente ao señor.
  • Domitilo. Latín. Domesticador.
  • Donato. Latín. Dado a Deus, dedicado a Deus.
  • Doroteu. Grego. Regalo de Deus.
  • Dositeu. Grego. Regalo de Deus.
  • Duardos. Xermano. Glorioso gardián.
  • Duarte. Xermano. Caudillo, gardián glorioso.

E[editar | editar a fonte]

  • Ecequiel. Hebreo. Deus dá as forzas.
  • Edelmiro. Xermano. Famoso pola súa nobreza.
  • Edesio. Latín. Digno de respecto.
  • Edmundo. Xermano. Protector da riqueza ou da vitoria.
  • Efraín. Hebreo. Vizoso, abundante.
  • Efrén. Hebreo. Vizoso, abundante.
  • Eleazar. Hebreo. Deus axuda, Deus veu na nosa axuda.
  • Eleuterio. Grego. Liberador, libre.
  • Elías. Hebreo. Referencia á divindade, Iahvé é Deus.
  • Elisardo. Xermano. Forte.
  • Eliseu. Hebreo. Deus é a miña salvación.
  • Elixio. Latín. Elixido.
  • Eloi. Francés-xermano. O elixido.
  • Elpidio. Grego. Portador de esperanza.
  • Emeterio. Latín. Defensor, rexeitador, recompensado.
  • Emiliano. Latín. Pertencente á familia romana Emilia, imitador.
  • Emilio. Latín. Pertencente á familia romana Emilia, imitador.
  • Eneas. Grego. Glorioso.
  • Epifanio. Grego. Aparición, manifestación.
  • Erasmo. Grego. Amado, desexado.
  • Ernesto. Xermano. Firme, tenaz.
  • Ero. Xermano. Espada; monxe do mosteiro da Armenteira.
  • Estanislau. Polaco. Gloria eminente.
  • Estevo. Grego. Coroado de loureiro; vitorioso.
  • Etelvino. Xermano. Nobre vitorioso.
  • Eudosio. Grego. De boa opinión, recto.
  • Eufemio. Grego. Favorábel, eloxioso, de bo agoiro.
  • Eufrasio. Grego. Alegría, ledicia, bo humor.
  • Euloxio. Grego. Que fala ben.
  • Eusebio. Grego. Respectuoso cos deuses.
  • Eustaquio. Grego. Ben construído, fecundo.
  • Eutelo. Grego. Forte, liberador.
  • Euxenio. Grego. Ben nacido, nobre.
  • Evaristo. Grego. Servizal, bo entre os mellores.
  • Evencio. Latín. Famoso polo seu éxito.
  • Exidio. Grego. Cabrito.
  • Exiquio. Latín. Culto, cerimonia.
  • Exuperancio. Latín. Abundancia.
  • Ezequiel. Hebreo. Forza de Deus.

F[editar | editar a fonte]

  • Fabián. Latín. Da familia Fabia; faba.
  • Fabiano. Latín. Da familia Fabia; faba.
  • Fabio. Latín. Da familia Fabia; faba.
  • Fabricio. Latín. Artesán.
  • Facundo. Latín. Elocuente, falador.
  • Farruco. Xermano. O que quere ser libre.
  • Faustino. Latín. Relativo a Fausto; favorábel, feliz.
  • Fausto. Latín. Favorábel, feliz.
  • Faxildo. Xermano. Imposto.
  • Fedro. Grego. Ilustre.
  • Feliciano. Latín. Que ten felicidade ou sorte, contento; fértil.
  • Felicio. Latín. Que ten felicidade ou sorte, contento; fértil.
  • Fernán. Xermano. Intelixente ou atrevido na paz.
  • Fidel. Latín. Fiel.
  • Filemón. Grego. Moi amábel, moi afectuoso.
  • Filiberto. Xermano. Moi ilustre, ilustrísimo.
  • Filipe. Grego. Amigo dos cabalos.
  • Filomeno. Grego. Amigo dos cantos; rousinol.
  • Filoteo. Grego. Que ama a Deus.
  • Firmín. Latín. Firme, seguro.
  • Firmino. Latín. Firme, seguro.
  • Fiz. Latín. Feliz, contento; fértil.
  • Flaviano. Latín. Louro.
  • Flavio. Latín. Louro.
  • Floreal. Francés. Florido.
  • Florencio. Latín. Florecente, brillante, resplandecente.
  • Florentino. Latín. Brillante.
  • Florián. Latín. Pertencente á deusa Flora.
  • Fluvio. Latín. Rubio, louro.
  • Fortunato. Latín. Afortunado.
  • Francisco. Xermano. O que quere ser libre.
  • Franquila. Xermano. Pertencente ao pobo dos Francos.
  • Frederico. Xermano. Príncipe da paz, que domina coa paz.
  • Froilán. Xermano. Terra do señor.
  • Froitoso. Latín. Vizoso, abundante, fértil.
  • Fuco. Xermano. O que quere ser libre.

G[editar | editar a fonte]

  • Gabino. Latín. Da cidade de Gábio, no Lacio.
  • Gabriel. Hebreo. Home de Deus; forza de Deus.
  • Galo. Latín. Poderío./ Xermano. Home da tribo dos Galos; da Galia.
  • Galván. Bretón. O que naceu feliz ou contento.
  • Gaspar. Persa. Administrador do tesouro.
  • Gastón. Xermano. Estranxeiro, inimigo.
  • Gaudencio. Latín. Gozar, estar alegre, sentir pracer.
  • Glauco. Grego. Verde, da cor do mar.
  • Godofredo. Xermano. Amizade de Deus, pacto con Deus.
  • Gonzalo. Xermano. Home disposto para a loita.
  • Gorecho. Grego. Vixiante.
  • Gracián. Latín. Cheo de graza.
  • Gregorio. Grego. Vixiante, esperto.
  • Gualterio. Xermano. O que manda o pobo na guerra.
  • Guido. Xermano. Leño, foresta; vital.
  • Guillén. Xermano. Helmo protector.
  • Guillerme. Xermano. Helmo protector.
  • Gumersindo. Xermano. Home forte.
  • Gundar. Xermano. Loitador forte.
  • Gustavo. Xermano. Cetro do rei, báculo dos Godos.
  • Guterre. Xermano. Que goberna o exército.
  • Gutier. Xermano. Que goberna o exército.

H[editar | editar a fonte]

  • Hades. Grego. Invisíbel.
  • Hadrián. Latín. Nacido na Hadria.
  • Hadriano. Latín. Nacido na Hadria.
  • Haníbal. Fenicio. Graza, favor do deus Baal.
  • Haroldo. Xermano. Guía do exército.
  • Héctor. Grego. Persoa formada, madura, rexedor do pobo.
  • Heitor. Grego. Persoa formada, madura, rexedor do pobo.
  • Heladio. Grego. Nativo da Hélade, Grecia.
  • Helenio. Grego. Facho.
  • Heli. Hebreo. Deus é grande.
  • Helio. Grego. Sol.
  • Heliodoro. Grego. Regalo do sol.
  • Henrique. Xermano. Rico en fincas, señor na súa patria.
  • Heraclio. Grego. Descendente de Heracles, forzudo.
  • Heráclito. Grego. Descendente de Heracles, forzudo.
  • Hércules. Latín. Correspondente ao deus grego da forza; Heracles.
  • Heriberto. Xermano. Exército famoso.
  • Hermenexildo. Xermano. Potente, valoroso e prudente.
  • Hermes. Grego. Mensaxeiro.
  • Herminio. Xermano. Grande, forte.
  • Hermóxenes. Grego. Da familia do deus Hermes; xerado por Hermes.
  • Herodes. Grego. Gobernante.
  • Herve. Xermano. Activo no combate.
  • Hidacio. Grego. Pedra preciosa.
  • Hilario. Grego. Ledo, alegre.
  • Hilarión. Grego. Ledo, alegre.
  • Hipólito. Grego. O que libera os cabalos.
  • Hixinio. Grego. Vigoroso, san.
  • Homero. Grego. Cego.
  • Honesto. Latín. Honorábel, honrado, virtuoso.
  • Honorato. Latín. Honrado, apreciado.
  • Honorio. Latín. Honorábel.
  • Honorino. Latín. Honorábel.
  • Horacio. Latín. Servo de Deus.
  • Hugo. Xermano. Intelixencia, bo sentido.
  • Humberto. Xermano. Famoso oso xigante.

I[editar | editar a fonte]

  • Iago. Hebreo. O segundo, o que ven detrás.
  • Ifixenio. Grego. Forte desde o seu nacemento.
  • Ignacio. Latín. Relacionado co lume, ardente, fogoso.
  • Igor. Xermano. Espada afiada.
  • Ildefonso. Xermano. Totalmente preparado para o combate.
  • Imaro. Xermano. Glorioso.
  • Indalecio. Xermano. Forza.
  • Inocencio. Latín. Inocente, puro, sen culpa.
  • Inocente. Latín. Inocente, puro, sen culpa.
  • Íñigo. Vasco. Caeira do monte.
  • Ireneu. Grego. Dedicado á deusa da paz.
  • Isaac. Hebreo. Rapaz alegre, que Deus te considere con benevolencia.
  • Isacio. Grego. Igualdade.
  • Isaías. Hebreo. Iahvé salva, Iahvé é a salvación.
  • Isidoro. Grego. Regalo da deusa exipcia Isis.
  • Isidro. Grego. Regalo da deusa exipcia Isis.
  • Ismael. Hebreo. Deus escoita.
  • Israel. Hebreo. Forza de Deus.
  • Ítalo. Latín. De Italia.
  • Itamaro. Xermano. Guerreiro ilustre.
  • Iván. Hebreo (a través do ruso). Deus é bondadoso.
  • Ivo. Xermano. Teixo, glorioso.

L[editar | editar a fonte]

  • Ladislau. Eslavo. Que domina, que impera con gloria.
  • Laertes. Grego. Levantador de pedra.
  • Lamberto. Xermano. Patria famosa, ou famoso na súa patria.
  • Landelino. Xermano. Propio do seu país.
  • Laureano. Latín. Coroado de loureiro.
  • Lauro. Latín. Triunfador.
  • Lázaro. Hebreo. Deus axuda, Deus veu na nosa axuda.
  • Leandro. Grego. Home do pobo, home forte como un león.
  • Ledo. Latín. Alegre.
  • León. Latín. León, home valente.
  • Leonardo. Xermano. León forte, que ten a forza dun león.
  • Leoncio. Latín. León, que ten a forza do león.
  • Leonides. Grego. Valente como o león.
  • Leopoldo. Xermano. Valoroso entre o pobo, pobo valente.
  • Leovixildo. Xermano. Guerreiro armado.
  • Lesmes. Xermano. Protector, helmo nobre.
  • Leuco. Grego. Puro.
  • Leuter. Grego. Liberador.
  • Levi. Hebreo. Vencello.
  • Libián. Latín. O que ofrece en sacrificios.
  • Liborio. Latín. Consagrado aos deuses.
  • Licinio. Latín. Feito de luz.
  • Lino. Grego. Fillo de Apolo / Latín. Unxido.
  • Livio. Latín. Unxido.
  • Locaio. Grego. Orixinario da illa grega de Leucas.
  • Lois. Xermano. Famoso na guerra, ou sabio no combate.
  • Lope. Latín. Lobo.
  • Lopo. Latín. Lobo.
  • Lourenzo. Latín. Loureiro.
  • Lucas. Latín. Luminoso.
  • Luciano. Latín. Luminoso.
  • Lucio. Latín. Luminoso, luz.
  • Lucrecio. Latín. Que dá beneficio e ganancia.
  • Luís. Xermano. Glorioso no combate.

M[editar | editar a fonte]

  • Macario. Grego. Bo, feliz.
  • Macías. Hebreo. Deus proverá, home de Deus.
  • Maeloc. Bretón. Bispo bretón-galego do século V.
  • Malaquías. Hebreo. Anxo, mensaxeiro.
  • Mamede. Grego. Nai.
  • Manases. Hebreo. O que esquece o mal.
  • Manfredo. Xermano. Amigo dos homes, amigo de Deus.
  • Manso. Latín. Entregado, confiado.
  • Manuel. Hebreo. Deus está connosco.
  • Marcelino. Latín. Dedicado ao deus Marte, martelo.
  • Marcelo. Latín. Dedicado ao deus Marte, martelo.
  • Marcial. Latín. Marcial, guerreiro; nacido baixo o signo de Marte; martelo.
  • Marciano. Latín. Dedicado ao deus Marte; martelo.
  • Marco. Latín. Dedicado ao deus Marte; martelo.
  • Marcos. Latín. Dedicado ao deus Marte; martelo.
  • Mariano. Hebreo. Dedicado a María.
  • Mariño. Latín. Mariñeiro.
  • Mario. Hebreo. Dedicado ao servizo de María, señora.
  • Marlon. Celta. Pequeno falcón.
  • Maro. Hebreo. Amargue.
  • Martiño. Latín. Dedicado á veneración do deus Marte; home belicoso, guerreiro.
  • Mateo. Hebreo. Don de Deus, home de Deus.
  • Mateus. Hebreo. Don de Deus, home de Deus.
  • Matías. Hebreo. Deus proverá, home de Deus.
  • Mauricio. Latín. Nacido na Mauritania; mouro, escuro.
  • Mauro. Latín. Nacido na Mauritania; mouro, escuro.
  • Maximiliano. Latín. O máis grande, o maior.
  • Maximino. Latín. O máis grande.
  • Máximo. Latín. O máis grande.
  • Maxín. Latín. O máis grande.
  • Medardo. Xermano. Forte no poder.
  • Melchor. Hebreo. Rei da luz.
  • Melitón. Latín. Propio do mel, doce como o mel.
  • Melquiades. Hebreo. Deus é o meu rei.
  • Menandro. Grego. Home firme.
  • Menardo. Xermano. Home glorioso.
  • Mendo. Xermano. Valoroso e potente.
  • Mercurio. Latín. Mercador, deus do comercio.
  • Merlín. Bretón. Forte do mar.
  • Metodio. Grego. Estudoso, que segue un camiño.
  • Miguel. Hebreo. Quen como Deus...? ou Deus é xusto.
  • Milcíades. Grego. O de cabelo roxo.
  • Millán. Latín. Pertencente á familia latina Emilia; imitador.
  • Miro. Xermano. O máis famoso.
  • Modesto. Latín. Moderado, con mesura.
  • Moisés. Hebreo. Salvado das augas.
  • Muriel. Gaélico. Brillante como o mar.

N[editar | editar a fonte]

  • Nabor. Arameo. Amigo de Deus.
  • Nadir. Árabe. Oposto.
  • Napoleón. Latín. León.
  • Narciso. Grego. Flor, preguiceiro.
  • Natan. Hebreo. Don de Deus.
  • Nazario. Hebreo. Orixinario de Nazaret, consagrado, coroado.
  • Neftali. Hebreo. Loita.
  • Nemesio. Latín. Devoto de Némese, deusa da xustiza.
  • Néstor. Grego. O que volve sempre ben, o que retorna felizmente.
  • Nereo. Grego. Pertencente a unha das ninfas do mar, Nerea.
  • Nicanor. Grego. Vencedor de homes.
  • Nicasio. Grego. Vencedor, vitorioso entre o pobo.
  • Niceto. Grego. Vencedor, vitorioso.
  • Nicodemo. Grego. Vencedor entre o pobo.
  • Nicolao. Grego. Vencedor do pobo, co pobo.
  • Nicomedes. Grego. O que vence co consello.
  • Nivardo. Xermano. Valoroso e diferente.
  • Noé. Hebreo. De longa vida.
  • Norberto. Xermano. Home famoso que veu do norte.
  • Norman. Xermano. Home do norte.
  • Nuno. Latín. Monxe.

O[editar | editar a fonte]

  • Obdulio. Árabe. Servo, escravo.
  • Octaviano. Latín. Oitavo, pertencente ao número oito.
  • Octavio. Latín. O que facía o número oito, oitavo.
  • Odilo. Xermano. Posesión ou riqueza.
  • Odón. Xermano. Posesión, riqueza.
  • Odorico. Xermano. Señor das riquezas.
  • Olaf. Xermano. Que provén, proveniente de nobre familia.
  • Olegario. Xermano. Pobo antigo.
  • Olimpio. Grego. Relativo ao monte Olimpo, residencia dos deuses.
  • Olindo. Xermano. Lanceiro da illa.
  • Oliveiros. Noruegués. Legado dos devanceiros.
  • Oliverio. Noruegués. Legado dos devanceiros.
  • Olivio. Latín. Oliva.
  • Omar. Árabe. O que constrúe, construtor.
  • Onésimo. Grego. Útil.
  • Onofre. Xermano. Pacificador.
  • Ordoño. Xermano. Porco bravo; espada do xigante.
  • Orencio. Latín. Oriental.
  • Orestes. Grego. Montañés.
  • Orlando. Xermano. O que ten fama de ousado.
  • Orosio. Grego. Que é moi falador; que ten moita boca.
  • Óscar. Xermano. Lanza de Deus.
  • Osián. Celta. Cero pequeno.
  • Osorio. Vasco. Cazador de lobos.
  • Osvaldo. Xermano. Potencia da divindade.
  • Ouriol. Latín. Dourado.
  • Ovidio. Latín. Pastor de ovellas.

P[editar | editar a fonte]

  • Paciano. Latín. Pacífico.
  • Pacomio. Grego. De costas anchas e robustas.
  • Paio. Grego. Mariño, pertencente ao mar.
  • Palmiro. Latín. Referido ao domingo de Palmas.
  • Pancracio. Grego. Omnipotente, que posúe todo o poder.
  • Pánfilo. Grego. Amigo de todos, que ama todo.
  • Pantaleón. Grego. Forte como un león, en todo un león.
  • Paris. Grego. Igual, equivalente.
  • Pascasio. Latín. Pertencente á Pascua.
  • Pascual. Hebreo. Pertencente á Pascua.
  • Pastor. Latín. Pastor. Home que coida do rabaño.
  • Patricio. Latín. De nobre berce, da patria.
  • Patroclo. Grego. Gloria do pai.
  • Paulino. Latín. Miúdo, pequeno.
  • Pauliño. Latín. Miúdo, pequeno.
  • Paulo. Latín. Miúdo, pequeno.
  • Paulos. Latín. Miúdo, pequeno.
  • Pedro. Latín. Pedra firme como a rocha.
  • Pelaxio. Grego. Pertencente ao mar, mariñeiro.
  • Peregrino. Latín. Que vai polo campo.
  • Perfecto. Latín. Perfecto.
  • Perpetuo. Latín. Constante, eterno, perpetuo.
  • Petronio. Latín. Duro como un coio, como unha pedra.
  • Pío. Latín. Piadoso, devoto.
  • Platón. Grego. Ancho de costas.
  • Plinio. Latín. Que ten moitos dons.
  • Plutarco. Grego. Gobernante rico.
  • Policarpo. Grego. Que produce moitos froitos.
  • Pompeio. Latín. Pomposo, fastoso.
  • Ponciano. Latín. Pertencente ao mar.
  • Poncio. Latín. Pertencente ao mar.
  • Porfirio. Grego. Purpúreo, da cor da púrpura.
  • Prácido. Latín. Tranquilo, apracíbel.
  • Praxedes. Grego. Acontecemento.
  • Priamo. Grego. Comprador.
  • Primitivo. Latín. Primitivo, orixinario.
  • Primo. Latín. Primeiro, o primeiro fillo.
  • Priscilio. Latín. Venerábel, vello.
  • Prisciliano. Latín. Moi venerábel.
  • Prisco. Latín. Venerábel.
  • Procopio. Grego. Que camiña cara adiante.
  • Próspero. Latín. Próspero.
  • Prudencio. Latín. Previsor, que prevé.
  • Ptolomeo. Grego. Combate.
  • Publio. Latín. Do pobo, pertencente ao pobo.

Q[editar | editar a fonte]

  • Quintiliano. Latín. Pertencente ao quinto mes do ano.
  • Quintín. Latín. Pertencente ao quinto, o quinto fillo.
  • Quinto. Latín. Quinto, o quinto fillo.
  • Quirico. Grego. Derivado de Ciro; sol, señor.

R[editar | editar a fonte]

  • Rafael. Hebreo. Deus nos garde.
  • Raimunde. Xermano. Divina protección, conselleiro.
  • Raimundo. Xermano. Conselleiro, protector.
  • Rainerio. Xermano. Conselleiro do pobo.
  • Ramiro. Xermano. Ilustre, famoso, de fama clara.
  • Ramón. Xermano. Conselleiro, protector; ilustre, famoso.
  • Raúl. Xermano. Astuto consello de lobo vitorioso.
  • Raziel. Hebreo. O meu segredo é Deus.
  • Reimunde. Xermano. Conselleiro protector.
  • Reinaldo. Xermano. Que goberna polo consello, que goberna potentemente.
  • Remixio. Latín. Remedio, menciña.
  • Renato. Latín. Nacido para unha nova vida.
  • Restituto. Latín. Restituído á fe, á salvación.
  • Reveriano. Latín. Que é respectuoso, reverente.
  • Rexinaldo. Xermano. Caudillo que aconsella.
  • Ricardo. Xermano. Rico e poderoso.
  • Roberto. Xermano. Ilustre pola súa fama; glorioso e famoso.
  • Robustiano. Latín. Moi forte.
  • Rodolfo. Xermano. Glorioso lobo, famoso lobo.
  • Rodrigo. Xermano. Rico en gloria, príncipe glorioso.
  • Roi. Xermano. Rico en gloria.
  • Rolando. Xermano. Que ten fama de ousado.
  • Roldán. Xermano. De terra gloriosa.
  • Román. Latín. Natural de Roma.
  • Romano. Latín. Natural de Roma.
  • Romeu. Grego. Romano, habitante de Roma; peregrino.
  • Romualdo. Xermano. Totalmente glorioso, que manda gloriosamente.
  • Roque. Xermano. Aturuxo de guerra / Latín. Como unha rocha.
  • Rosendo. Xermano. Que vai camiño da fama.
  • Roxelio. Xermano. Vitorioso e esperto, lanza gloriosa.
  • Roxer. Xermano. Vitorioso e esperto, gloriosa lanza.
  • Roxerio. Xermano. Vitorioso e esperto, lanza gloriosa.
  • Rubén. Hebreo. Deus viu a miña aflición.
  • Rufino. Latín. Pertencente á familia Rufa, roxo, de pelo roxo.
  • Rufo. Latín. Roxo, de pelo roxo.
  • Rui. Xermano. Rico en gloria.
  • Ruperto. Xermano. Glorioso.

S[editar | editar a fonte]

  • Sabas. Latín. Nome romano de Arabia.
  • Sabino. Latín. Orixinario do país dos Sabinos, Italia.
  • Sadurniño. Latín. Dedicado ao deus Saturno.
  • Saladino. Árabe. De fe moi pura.
  • Salomón. Hebreo. Pacífico, feliz.
  • Salustiano. Xermano. Que goza de boa saúde.
  • Salvador. Latín. Salvador, que salva.
  • Salvio. Latín. Salvado.
  • Samuel. Hebreo. O que leva o nome de Deus; escoitado por Deus.
  • Sansón. Hebreo. Sol pequeno; fillo do sol.
  • Santiago. Latín + hebreo. Santo segundo.
  • Santos. Latín. Santos.
  • Sargón. Asirio. Lexítimo rei.
  • Saturio. Latín. Que está na abundancia, sementador, pai.
  • Saturno. Grego. Farto, saciado, saturado.
  • Saúl. Hebreo. O desexado.
  • Sebastián. Grego. Venerado, augusto.
  • Secundino. Latín. Segundo.
  • Segundo. Latín. Segundo, o segundo fillo.
  • Senén. Grego. Deus Xúpiter.
  • Senín. Grego. Deus Xúpiter.
  • Serafín. Hebreo. Purificador.
  • Serapio. Grego. Sol, procedente de divindades exipcias.
  • Servando. Latín. Ecuánime.
  • Serxio. Latín. Gardián.
  • Severiano. Latín. Persoa forte, severa, inflexíbel.
  • Severino. Latín. Persoa forte, severa, inflexíbel.
  • Severo. Latín. Severo.
  • Sexismundo. Xermano. Que asegura a protección pola vitoria.
  • Sidre. Grego. Don da divindade.
  • Sigfrido. Xermano. Pacificador vitorioso.
  • Silvano. Latín. Selvático, do bosque.
  • Silverio. Latín. Selvático, silvestre.
  • Silvestre. Latín. Selvático, silvestre.
  • Silvino. Latín. Pertencente ao bosque, á selva.
  • Silvio. Latín. Pertencente ao bosque, silvestre.
  • Simeón. Hebreo. Deus escoitoume.
  • Simón. Hebreo. Deus escoitoume.
  • Simplicio. Latín. Simples, non complicado.
  • Sinesio. Grego. Prudente.
  • Sinforiano. Grego. Acompañante.
  • Siro. Latín. Orixinario de Siria.
  • Sixto. Latín. O sexto, o sexto fillo.
  • Sócrates. Grego. San e forte.
  • Sotero. Grego. Salvador.
  • Sulpicio. Latín. Pertencente á familia romana Sulpicia; xofre.

T[editar | editar a fonte]

  • Tadeu. Arameo. Don, regalo de Deus.
  • Tancredo. Xermano. Conselleiro pensativo.
  • Tarsicio. Grego. Valente.
  • Telémaco. Grego. Que combate lonxe.
  • Telesforo. Grego. Decisivo, omnipotente; que leva a boa fin.
  • Telmo. Xermano. Protección / Grego. Desexado.
  • Teodomiro. Xermano. Pobo insigne.
  • Teodoro. Grego. Regalo de Deus.
  • Teodorico. Xermano. Príncipe do pobo.
  • Teodosio. Grego. Regalo de Deus.
  • Teófanes. Grego. Resplandor de Deus.
  • Teófilo. Grego. Amigo de Deus.
  • Teolindo. Xermano. Escudo do pobo.
  • Terencio. Latín. Tenro.
  • Teresiano. Grego. Cazador.
  • Tiberio. Latín. Nacido á beira do río Tíber; lugar pantanoso.
  • Tiburcio. Latín. Procedente dun barrio romano, Tívoli.
  • Timoteu. Grego. Temeroso de Deus.
  • Tirso. Grego. Caxato ritual.
  • Tito. Latín. Protexido, honrado.
  • Tobaldo. Xermano. Pobo audaz, ousado.
  • Tobías. Hebreo. Deus é bo.
  • Tolomeo. Grego. Guerreiro.
  • Tomé. Arameo. Xemelgo.
  • Torcuato. Latín. Retorto.
  • Toribio. Grego. Ruidoso, movido.
  • Trifón. Grego. Delicado, que vive moi ben.
  • Tristán. Galés. Ruído.

U[editar | editar a fonte]

  • Ubaldo. Xermano. Intelixente e valoroso.
  • Ulises. Latín. Que está irritado, que está irado.
  • Ulpiano. Latín. Procedente de Ulpio, raposo.
  • Ulrico. Xermano. Señor de posesións herdadas.
  • Urbano. Latín. Habitante da cidade, cortés, educado.
  • Uxío. Grego. Ben nacido, nobre.
  • Uziel. Hebreo. Deus é forte.

V[editar | editar a fonte]

  • Valdo. Xermano. Bosque.
  • Valente. Latín. Valoroso, que vale.
  • Valentín. Latín. Valoroso, que vale.
  • Valeriano. Latín. Que ten forza, san, que prevalece.
  • Valerio. Latín. Forte, que prevalece.
  • Valterio. Xermano. O que manda o pobo na guerra.
  • Venancio. Latín. Que pode ser vendido; cazador.
  • Venceslau. Xermano. O máis glorioso.
  • Venerando. Latín. Digno de ser venerado.
  • Ventín. Latín. Valoroso, que vale.
  • Ventura. Latín. Felicidade.
  • Verísimo. Latín. Moi verdadeiro.
  • Vermudo. Xermano. Príncipe, señor.
  • Vicente. Latín. Vencedor, que vence.
  • Vicenzo. Latín. Vencedor, que vence.
  • Vidal. Latín. San, vital, con ansia de vivir.
  • Vinicius. Latín. Amante do viño.
  • Virxilio. Latín. Vara, rama.
  • Virxinio. Latín. Virxinal.
  • Vitiza. Xermano. Sabio.
  • Vito. Latín. Vital.
  • Vítor. Latín. Vencedor.
  • Vitoriano. Latín. Vencedor.
  • Vivencio. Latín. Vital, que vive.
  • Viviano. Latín. Vivo, vital.
  • Vladimiro. Eslavo. Señor do mundo; célebre polas súas propiedades.

X[editar | editar a fonte]

  • Xabier. Vasco. Casa nova.
  • Xacinto. Grego. Flor.
  • Xacobe. Hebreo. O segundo, o que ven detrás.
  • Xacobo. Hebreo. O segundo, o que ven detrás.
  • Xácome. Hebreo. O segundo, o que ven detrás.
  • Xaime. Hebreo. O segundo, o que ven detrás.
  • Xairo. Hebreo. Deus queira lucir.
  • Xalo. Topónimo do monte Xalo.
  • Xasón. Grego. Portador de saúde.
  • Xavier. Vasco. Casa nova.
  • Xedeón. Hebreo. Manco, que lle falta unha man.
  • Xelasio. Grego. Risoño.
  • Xelo. Grego. Hipocorístico de Anxelo.
  • Xelmiro. Xermano. Arqueiro sublime.
  • Xenaro. Latín. Porteiro.
  • Xeneroso. Latín. Nobre, de boa familia.
  • Xenxo. Grego. Orixe, nacemento.
  • Xeraldo. Xermano. Forte coa lanza, valente gardián.
  • Xerardo. Xermano. Forte coa lanza, valente gardián.
  • Xeremías. Hebreo. Deus defende, ergue.
  • Xermán. Xermano. Irmán, home do exército.
  • Xerome. Grego. Nome santo.
  • Xerónimo. Grego. Nome santo.
  • Xerson. Hebreo. Peregrino.
  • Xervasio. Xermano. Agudo como un *venablo.
  • Xes. Grego. Orixe, nacemento.
  • Xesús. Hebreo. Salvador, que salva.
  • Xián. Latín. Xentilicio da familia Iulia, dedicado a Xúpiter.
  • Xiao. Latín. Xentilicio da familia Iulia, dedicado a Xúpiter.
  • Xil. Grego. Protector.
  • Xilberte. Xermano. Arqueiro famoso.
  • Xilberto. Xermano. Arqueiro famoso.
  • Xildás. Bretón - celta. Protector, valente.
  • Ximeno. Hebreo. Deus escoitoume.
  • Xinés. Grego. Orixe, nacemento.
  • Xoán. Hebreo. Deus é propicio ou misericordioso.
  • Xoaquín. Hebreo. Deus construirá .
  • Xob. Hebreo. Perseguido, aflixido.
  • Xocas. Hebreo. Deus construirá.
  • Xoel. Hebreo. Iahvé é Deus.
  • Xofre. Xermano. Pacificador.
  • Xonás. Hebreo.
  • Xorxe. Grego. Que traballa a terra, labrego.
  • Xordán. Hebreo. Río, os dous ríos.
  • Xosafat. Hebreo. Xulgar, facer xustiza.
  • Xosé. Hebreo. Regalo de Deus, sentado á dereita de Deus.
  • Xosué. Hebreo. Deus salva e axuda.
  • Xudas. Hebreo. O xudeu, o hebreo.
  • Xulián. Latín. Xentilicio da familia Iulia, dedicado ao deus Xúpiter.
  • Xulio. Latín. Xentilicio da familia Iulia, dedicado ao deus Xúpiter.
  • Xurxo. Grego. Que traballa a terra, labrego.
  • Xustiniano. Latín. Moi xusto, moi recto.
  • Xusto. Latín. Recto, xusto.
  • Xuvenal. Latín. Xuvenil, mozo.
  • Xuventino. Latín. O que posúe xuventude ou mocidade.

Z[editar | editar a fonte]

  • Zacarías. Hebreo. Deus lémbrase de ti.
  • Zaqueo. Hebreo. Deus lembrouse.
  • Zenón. Grego. consagrado a Zeus.
  • Zeus. Grego. Deus supremo.
  • Zoilo. Grego. Vital, vivaz.
  • Zósimo. Grego. Vigoroso, vital, vivaz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]