Ángel Castro Argiz
Ángel María Bautista Castro Argiz, nado en Láncara o 5 de decembro de 1875 e finado en Birán (Mayarí), o 21 de outubro de 1956, foi un emigrante galego en Cuba coñecido por ser o pai dos dirixentes Fidel e Raúl Castro.
Índice |
[editar] Traxectoria
En Galicia era un campesiño, o maior de tres irmáns. En 1895 principiaron os independentistas cubanos a súa guerra con España e inda que Ángel quedou libre do servizo por sorteo, aceptou por cartos substituír un mozo da Coruña, un costume naquela época que permitía que os fillos das familias con máis recursos librar do servizo militar pagando un substituto. Grazas aos cartos recibidos puido pasar a guerra nun economato militar e nos servizos de fornecemento en Cuba. Despois da guerra, foi deportado de Cuba e tras unha estadía en Galicia marchou para Madrid, pero volveu de novo á illa en 1905, onde tivo éxito no negocio e fíxose un rico propietario. Conseguiu facer fortuna vendendo azucre. Era o propietario dun latifundio, Manacas, de 10.500 hectáreas, que tiña na súa maior parte arrendada, pero da que explotaba directamente 770.
Segundo o seu fillo Ramón o seu pai chegou a Cuba como recruta en 1895 polo exército de España. Juanita, a outra filla de Ángel, contradiciu esta demanda afirmando que o seu pai era simplemente un nómada económico en Cuba.[1].
Contra 1910 casou cunha mestra da vila de Birán, María Luisa Argote, coa que tivo dous fillos: Pedro Emilio e Lidia. Ao final desa década chegou á súa vila un vehículo con emigrantes españois de ambos os sexos, e Ángel Castro contratounos para traballaren no agro. Cunha desas inmigrantes, Lina Ruz[2], nada en 1900, comezou unha relación sentimental que acabaría por transformarse en matrimonio en 1928[3], antes da morte da súa primeira esposa María Luisa. Con esta segunda muller tivo sete fillos, entre eles Fidel Castro e Raúl Castro.
Morreu en 1956, dunha hernia, 42 días antes do desembarco nos Cayuelos do barco Granma, co que daría comezo a Revolución Cubana. Fidel Castro soubo da noticia en México.
[editar] Notas
- ↑ Ana Louis Bardach: Cuba p.59 Confidencial durante la República Cubana
- ↑ [Aínda que hai fontes pouco fiables que a sinalan como galega e outras como canaria (http://desdecuba.com/generaciony/?p=487&cp=24#comment-390945), o máis probable parece que fose andaluza. A base de datos do Instituto Nacional de Estatística sinala que un terzo (33%) dos apelidos Ruz son da provincia de Córdoba, mentres que as porcentaxes das provincias canarias e galegas caen por debaixo do 0.5%
- ↑ Angel Castro e Lina casaron, segundo outras fontes pola igrexa, pero ben despois do nacemento de Fidel, mediante unha cerimonia arranxada cun cura amigo e tamén galego, Henrique Pérez Serantes. Tad Szulc, Castro, 30 ans de pouvoir absolut
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Bancroft, Maria 1983. Autobiografía de un espía William Morrow y Company. Inc.. Nueva York. ISBN 0688020194
- Norberto Lafuente, 2004 Autobiografia de Fidel Castro Planeta Editorial, ISBN 8423336042, ISBN 9707490012 De México D.F
- Geyer, Príncipe, 2002 La Guerrilla de Georgie Anne. Andrews McMeel Que publica ISBN 0740720643 De la Ciudad De Kansas
- Roloff y Mialofsky, Carlos y Gerardo Forrest 1901. Indice Alfabetico y Difunctiones del Ejercito Libertador de Cuba. Corregido bajo dirección oficial de la madera de Leonard. Impreso en La Habana por Rambla y Bauza
- Alina Fernández, 1997. Memorias de la hija rebelde de Fidel Castro: Plaza & Janés Editores, ISBN 84-01-37585-1, Barcelona
- Ann Louise Bardach, 2003:Cuba Confidential, Love and Vengeance in Miami and Havana ISBN 0385720521, Paperback - Firt Vintage Books Edition