Manuel Anxo Taboada Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Anxo Taboada Rodríguez
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Chantada, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mestre Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia
Bloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Manuel Anxo Taboada Rodríguez, nado en Chantada en 1955, é un político galego que actualmente milita no PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Lugo. Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa, 1ª promoción na Universidade de Santiago. Foi Profesor de Secundaria, Lingua Galega e Literatura. En 1990 foi nomeado director do Instituto de FP de Chantada. Fillo de José Taboada Méndez, membro da Hermandad de Labradores local e concelleiro durante a derradeira corporación da ditadura. Militante da UPG desde a clandestinidade, logo de Esquerda Galega e posteriormente do BNG.

De cara ás eleccións municipais de 1991 saiuse do BNG xunto con outros militantes e conformou a candidatura Chantada Nova-Unidade Galeguista, xunto con outros membros doutras formacións nacionalistas e de esquerda, a cal encabezou e logrou 3 concelleiros por detrás dos 6 do PPdeG e os independentes do ata entón alcalde popular Sergio Vázquez Yebra. Porén foi elixido alcalde de Chantada ao logralo apoio dos independentes de Yebra e do PSdeG, polo que conformou un goberno tripartito con estas dúas formacións. Nas eleccións municipais de 1995 foi de novo candidato de Chantada Nova e conseguiu gañar con 6 concelleiros, polo que mantivo a alcaldía en minoría como forza máis votada, xa que nin os independentes de Yebra nin o PSdeG quixeron seguir formando parte do goberno. En xaneiro de 1996 perdeu a alcaldía mediante unha moción de censura que fixo alcalde ao candidato do PPdeG Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, a cal contou co apoio dos independentes e que supuxo o regreso destes ás filas populares. Durante esta etapa de goberno destacou cando se conseguiu gañalo contencioso contra a Deputación de Lugo sobre o canon co encoro de Belesar, as escolas deportivas, a finalización do parque Elisa Rivdadulla ou a elaboración do proxecto do paseo fluvial.

En xuño de 1998 Chantada Nova integrouse de novo no BNG, polo que nas eleccións municipais de 1999 foi cabeza de lista desta formación política á fronte da cal tentou recuperala alcaldía, finalmente sen éxito dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta. Se ben a finais de 2002 foi de novo proposto como candidato nacionalista en Chantada[1], a posterior crise desatada coa dimisión do responsable local en xaneiro de 2003 supuxo que este, xunto con Taboada e outros membros do BNG, pasasen a formar parte de Independentes por Chantada que encabezaría o empresario e mestre Jesús Boán e da cal Taboada formou parte como número 6[2]. A formación logrou 4 concelleiros sendo a segunda froza política de Chantada por detrás do PPdeG, que volveu a lograla maioría absoluta.

En maio de 2006 os Independentes integráronse no PSdeG-PSOE, polo que foi candidato á alcaldía por esta formación nas eleccións municipais de 2007. Conseguiu recuperala alcaldía grazas a un pacto co BNG, despois de que os populares perdesen a maioría absoluta. Nas municipais de 2011 encabezou novamente a candidatura socialista, perdendo a alcaldía en favor do exalcalde Manuel Lorenzo Varela, o cal logrou a vitoria á fronte dunha formación independente tralo seu abandono do PPdeG. Ante estes resultados retirouse da vida política e renunciou a recollela súa acta de concelleiro[3]. Durante o seu segundo mandato como alcalde destacou a restauración da igrexa de Nogueira, a construción do auditorio e do edificio de servizos, a rehabilitación dos Pendellos, a renovación das piscinas exteriores, a remodelación do campo de fútbol, a ampliación do polígono ou a adquisición do campo do San Lucas.


Predecesor:
Sergio Vázquez Yebra
 
Alcalde de Chantada
 
1991 - 1996
Sucesor:
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Predecesor:
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
 
Alcalde de Chantada
 
2007 - 2011
Sucesor:
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]