Ángel Nieto
Ángel Nieto Roldán nado en Zamora, en 1947 é un piloto de motociclismo español que chegou a conquistar 13 campionatos do mundo en diferentes categorías na disciplina de velocidade.
Índice |
[editar] Biografía
Aínda que naceu en Zamora, cando só contaba cun ano de vida os seus pais trasládanse a Madrid, onde comeza a súa percorrido deportivo aos 13 anos, en carreiras de aficionados. Sen medios para adquirir una motocicleta coa que participar en competicións oficiais, trasládase a Barcelona, conseguindo entrar en Bultaco. Despedido por abandonar sen permiso o posto de traballo, logra entrar en Ducati, onde permanece ano e medio, competindo no equipo Derbi-Zippo. Aos 16 anos, entra no departamento de probas de Derbi, e pouco despois consegue una motocicleta de 50 cc. Case sen experiencia, gaña en 1969 os seus dous primeiros Grandes Premios. Iniciase así unha traxectoria por diferentes equipos: Derbi, Morbidelli, Kreidler, Minarelli, Garelli e Bultaco), que ten o seu fin en 1986, obtendo seis Campionatos do Mundo en 50 cc (1969, 1970, 1972, 1975, 1976 e 1977), sete en 125 cc (1971, 1972, 1979, 1981, 1982, 1983 e 1984) e catro subcampionatos. Durante os case vinte anos, gañou 90 grandes premios (27 en 50cc, 62 en 125cc e 1 en 80cc) e 23 Campionatos de España en diferentes cilindradas. Porén non tivo moito éxito nas súa incursión en cilindradas superiores, como en 250cc.
[editar] Retirada do Motociclismo
Logo da súa retirada del motociclismo activo, a principios de 1987 formou o equipo "Team Ducados Ángel Nieto", do que formaron parte Carlos Cardús, Alberto Puig e Julian Miralles. O equipo foi disolto en outubro de 1988.
Foi desde este momento en que compaxinou a dirección deportiva coa de comentarista de televisión. En 1998 pasou a ser director técnico do Vía Digital Team. En 1999, un dos seus pilotos, o ilerdense Emilio Alzamora, gañou o Campionato do Mundo de 125 centímetros cúbicos.
Algúns dos seus familiares tamén seguen unidos ao motociclismo, como os fillos Gelete e Pablo, e o seu sobriño Fonsi que participan ou teñen participado en probas do campionato do mundo.
[editar] Galardóns
Recibiu unha gran cantidade de galardóns ao longo da súa carreira. Os máis salientables son a Gran Cruz ao Mérito Civil, a Orde Olímpica e a Gran Cruz da Real Orden ao Mérito Deportivo. A comezos de febreiro de 1996 o Comité Olímpico Español presentouno como candidato ao Premio Príncipe de Asturias do Deporte. A cidade de Madrid dedicoulle un museo, o Museo Ángel Nieto (moi preto ao Parque de Enrique Tierno Galván), onde poden verse algunhas das súas motos, cascos e trofeos. Na súa cidade natal dedicáronlle unha rúa e un pavillón deportivo.
[editar] Filmografía
- Ángel Nieto: 12+1 (2005) documental - Álvaro Fernández Armero.
- Ángel Nieto campeón del mundo (1971) curta - Juan Cobos.