Xosé Anxo Laxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Anxo Laxe
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Outeiro de Rei, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Xosé Anxo Lage Suárez[1], nado en Outeiro de Rei en 1954, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario da Seguridade social, Xosé Anxo Lage entrou na política a partir do sindicalismo. É afiliado da CIG e foi representante sindical neste organismo, ademais de presidir a xunta de persoal da Administración do Estado na provincia de Lugo.

Nas eleccións locais de 1995 presentouse polas listas do BNG no concello de Lugo, mais non foi elixido. En 1997 pasou a ser concelleiro en substitución de Xoán Carlos Carreira. Nas eleccións municipais 1999 foi elixido concelleiro e, grazas ao bipartito formado por BNG e PSdeG, converteuse en delegado municipal de Transportes. Na súa etapa nesta concellería, fixo unha das últimas remodelacións do transporte público na cidade.

Volveu á oposición co seu partido tralas eleccións de 2003 e 2007. Nestas últimas, foi o cabeza de lista do BNG, posto que disputou con Xosé Antón Bao. Dende entón, ocupou o cargo de voceiro municipal do partido. Foi membro do consello local do BNG e durante algún tempo foi o responsable de Organización do Bloque na comarca de Lugo-centro.

No 2012 pasou a formar parte do partido Compromiso por Galicia, da que é secretario local en Lugo[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que o apelido que figura no seu DNI é Lage, como testemuñan as xuntas electorais, el adoita escribir Laxe
  2. "Xosé Anxo Lage, elixido como secretario local de Compromiso por Galicia" Arquivado 20 de maio de 2014 en Wayback Machine., artigo en El Progreso, 27 de setembro de 2013 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]