Ánxela Loureiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁnxela Loureiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , escritora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoTeatro, Novela, Poesía, Guión cinematográfico
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGuillermo Llorca

Dialnet: 2231984


Ánxela Loureiro Fernández, nada en Ferrol en 1956, é unha mestra e escritora galega de literatura infantil e xuvenil. Cultiva diferentes xéneros literarios: teatro, novela, poesía e guión cinematográfico. Exerceu a docencia en colexios e institutos de Ferrol e o Centro de Formación e Recursos.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iníciase como escritora de teatro infantil coa obra titulada Ollo! Hai lurpios na horta que acadou en 1978 o 1º Premio de Teatro Infantil do Ateneo Ferrolán[2][3] e que se representou por toda Galicia en 1980. Aínda que continuou escribindo obras teatrais, en ocasións grazas ás axudas para a creación da Consellería de Cultura, a súa creatividade espallouna a outros xéneros como a poesía ou a novela.

A súa poesía adoita relacionarse coa música, como demostran os premios no concurso Cantareliña (San Sadurniño) e tamén diferentes colaboracións en publicacións e discos.[4]

En 1996, publicou o seu primeiro libro de narrativa, Viaxe de ida e volta. Seguíronlle Laia a nena da illa, Camiño perigoso e Ota quere voar galardoado cos premios Lecturas e Frei Martín Sarmiento.[4] No ano 2018 publicou Choiva de ras.

Tamén se volcou no mundo do cine como guionista de proxectos infantís: Pica-pica circus, longametraxe en plastilina para a produtora Luafilms; E por que II, curtametraxes de animación sobre exercicio físico e alimentación saudable; e Bruxarías (2015) para a produtora Continental Producciones. Esta última foi candidata á mellor película de animación nos Premios Platino 2017.[5][6]

A súa afección pola música lévaa a participar en varios grupos musicais e a dirixir coros infantís como “Ledicia” do que é a súa fundadora.[7] Formou parte do grupo folk Saraibas actuando en numerosos escenarios de Galicia e Europa e gravando varios discos incorporando a súa voz solista, instrumentos de percusión e realizando arranxos musicais.[8][9][10]

A súa profesión de mestra fai que colabore con relatorios e obradoiros en diversos foros educativos, que escriba artigos en revistas de carácter didáctico, que participe na elaboración de libros de texto ou que publique libros para o profesorado como Canción para o ano onde convida a que se utilice a música popular nas aulas. No eido educativo, ademais, impulsa a recuperación dos xogos tradicionais musicais e defende a súa incorporación nas aulas como elementos de socialización.

En toda a súa obra amosa un especial interese por resaltar os valores da solidariedade, amizade, igualdade e liberdade. A súa linguaxe, sempre, é coeducativa.

En marzo de 2019 presentou o seu libro Voces da memoria con ollos de muller, para dar visibilidade ás mulleres loitadoras no período 1970-1977 en Ferrol e a súa achega para conquistar as liberdades democráticas.[11]

A elas, ás que estando presentes son ignoradas,
ás que sendo solidarias non levan premios,
ás que protagonizando non aparecen nos créditos,
ás que arriscando a súa vida non son heroínas.
A elas, ás que escribiron unha páxina da nosa historia en Ferrol.
Ás mulleres do 72.
Á miña nai e á miña irmá por ser parte deste relato.
Dedicatoria de Ánxela Loureiro Fernández en Voces da memoria con ollos de muller [12]

Obra[editar | editar a fonte]

Revistas[editar | editar a fonte]

  • Entrevista con Emilio Calatayud. Unha oportunidade para a convivencia, na Revista IDEA nº 13.
  • Entrevista con Cristina Almeida. A importancia de educar en igualdade, na Revista IDEA nº14
  • Entrevista con Nélida Zaitegi. A voz do diálogo, na Revista IDEA nº 15.

Libros[editar | editar a fonte]

Teatro infantil[editar | editar a fonte]

  • Ollo! Hai lurpios na horta. 1978.

Novelas infantís e xuvenís[editar | editar a fonte]

  • Viaxe de ida e volta. Edicións Xerais,1996.
  • Laia, a nena da illa. Edicións Xerais. 1998 (Finalista do Premio Merlín)
  • Camiño perigoso. Edicións Xerais, 2002 (Finalista do Premio Merlín)
  • Ota quere voar. Edicións Xerais, 2003 (Premio Lecturas Galix 2005 e Premio Literario Frei Martín Sarmiento 2005)
  • Choiva de ras. Edicións Xerais, 2018.

Libros didácticos[editar | editar a fonte]

  • Cancións para o ano. Edicións Xerais. 1995. (Textos, partituras e actividades didácticas dirixidas ao profesorado)
  • José Fontenla Leal un dinamizador do galeguismo. Edición do Concello de Ferrol (Unidade didáctica)

Libros de texto[editar | editar a fonte]

  • Coautora do libro de texto globalizado Nobelos de papel de Edicións Xerais.
  • Colaboradora dos libros Música 3 , Música 4, Música 5 e Música 6 de Edicións S.M.

Libros compartidos[editar | editar a fonte]

  • A fábrica de soños no libro colectivo E dixo o corvo, Edicións Xunta de Galicia.
  • Andrea Chapapote no libro colectivo Contos de circo, cronopios e avións. Edicións Xunta de Galicia 2005

Outros libros[editar | editar a fonte]

  • Voces da memoria con ollos de muller. Concello de Ferrol, 2019

Cancións[editar | editar a fonte]

  • A buxaina brincadeira, Ris pun chis e Quen son? nos cadernos de Cantareliña II, III e VII respectivamente.
  • A caracola, Pasan coches polas rúas, A castaña, Sol do outono, Os meus ollos, Estrela na noite, Nace unha planta, Noite de San Xoan, Facendo o disfrace, Despertar no galiñeiro, Arco da Vella, Son ecoloxista, O maio letras das cancións recollidas no libro As nosas cancións I e II de Edicións Música para todos.

Discos[editar | editar a fonte]

  • Camiño Longo. Grupo folk Saraibas. (Voz, percusión e arranxos).
  • Cancións para o ano. Grupo folk Saraibas. (Coordinación, voz, percusión e arranxos).
  • Canción Poesía no disco colectivo Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. (Voz)
  • Música 3, Música 4, Música 5 e Música 6 de Edicións S.M. (Coordinación, arranxos musicais, voz e percusión)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BIOGRAFÍA - Encontros con...ÁNXELA LOUREIRO". sites.google.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-25. 
  2. 2,0 2,1 "Ánxela Loureiro Fernández". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-04-25. 
  3. "Ateneo Ferrolán". ateneo-ferrolan.blogspot.com. Consultado o 2019-04-25. 
  4. 4,0 4,1 "Presentación da publicaciónde "Folla de Lata". Empuje.net (en castelán). Consultado o 2019-04-25. 
  5. Merchán, Juana (2017-06-01). "Premios Platino 2017: Lista de nominados". Cinemanía (en castelán). Consultado o 2019-04-25. 
  6. "Brujerías (2015)" (en castelán). Consultado o 2019-04-25. 
  7. "Grupo Ledicia (Grupo musical)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-04-25. 
  8. "La Voz entregará mañana el compacto de Saraibas titulado «Cancións»". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2019-04-25. 
  9. "Especial Saraibas". vello.vieiros.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2016. Consultado o 2019-04-25. 
  10. "Anxela". vello.vieiros.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2015. Consultado o 2019-04-25. 
  11. "Ánxela Loureiro: "Na ditadura eu fun detida tres veces e agredida polos Guerrilleiros Cristo Rey"". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-25. 
  12. Voces da memoria con ollos de muller (páxina 7). Concello de Ferrol. 2019

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]