Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Rincón de Ademuz |
 |
| Ermida da Virxe da Horta. Século XIV. Ademús |
| Situación |
 |
| Xeografía |
| Provincia: |
Valencia |
| Capital da comarca: |
Ademús |
| Cidade máis poboada: |
Ademús |
| Poboación: |
2.605 hab. (2009) |
| Área: |
370'10 km² |
| Densidade: |
7'03 hab./km² |
| Número de concellos: |
7 |
| Lingua propia: |
Castelán |
| Sitio web |
| El Racó |
O Rincón de Ademuz (Catalán: Racó d'Ademús, ás veces dito simplemente El Racó) é un enclave illado da provincia de Valencia, situado entre as provincias de Teruel e Cuenca, ao Norte e Sur, respectivamente. Está menos densamente poboado que o resto da provincia. Ten unha superficie de 370, 10 km2 e a súa poboación distribúese entre sete concellos, dos cales só Ademús supera os 1.000 habitantes. A capital da comarca é Ademús.
Demografía [editar]
O Rincón de Ademuz está menos densamente poboado que o resto da provincia. Ten unha superficie de 370, 10 km2 e a súa poboación distribúese entre sete concellos, dos cales só Ademús supera os 1.000 habitantes:
| Municipio |
Poboación |
Extensión |
Densidade |
| Ademús |
1.269 |
100,40 |
12,35 |
| Cases Altes |
178 |
15,90 |
11,19 |
| Cases Baixes |
244 |
22,90 |
10,79 |
| Castellfabib |
244 |
106,30 |
2,29 |
| La Pobla de Sant Miquel |
107 |
63,60 |
1,68 |
| Torre Baixa |
418 |
4,70 |
88,90 |
| Vallanca |
172 |
56,60 |
3,03 |
| Totais: |
2.605 |
370'10 |
7'03 |
O territorio foi conquistado polos cristiáns en 1210, sendo recuperado polo Islam, até que foi definitivamente reconquistado polo rei Jaume I en 1259, que o incluíu entre as terras do Reino de Valencia.
Tivo importancia estratéxica durante a Idade Media, pois o val do río Turia que serve de paso a Aragón, baña Ademús. Unha das máis antigas liñaxes da zona foi o dos Blasco.
Bibliografía [editar]
- Eslava Blasco, Raúl: Ademuz y su patrimonio histórico-artístico. Ademuz, 2007. ISBN 978-84-606-4251-0.
- Eslava Blasco, Raúl: Vallanca y su patrimonio histórico-artístico religioso. Vallanca, 2006. ISBN 84-611-0024-7.
- Gargallo Gil, J.E.: Habla y cultura popular en el Rincón de Ademuz. Madrid, 2004.
- Rodrigo Alfonso, Carles: El Rincón de Ademuz, análisis comarcal. Valencia, 1998.
- ABABOL. Revista del Instituto Cultural y de Estudios del Rincón de Ademuz (ICERA), dirigida per Ángel Antón Andrés i publicada trimestralment a Ademús des de 1995.
Véxase tamén [editar]