Campo Lameiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCampo Lameiro
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°32′16″N 8°30′36″O / 42.5379, -8.51Coordenadas: 42°32′16″N 8°30′36″O / 42.5379, -8.51
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
CapitalA Lagoa Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.723 (2023) Editar o valor em Wikidata (27 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie63,82 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataCarlos Costa Domínguez Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Campo Lameiro Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36110 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE36007 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcampolameiro.org Editar o valor em Wikidata

Campo Lameiro é un concello galego, situado no interior da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca de Pontevedra.

De 63 km2, limita cos concellos de Moraña, Cuntis, A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra. A súa poboación era de 1.962 persoas conforme o censo de 2014[1]. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é campolameirán.[2]

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 1.962 habitantes
Menores de 15 anos 186 (9.48 %)
Entre 15 e 64 anos 1.146 (58.41 %)
Maiores de 65 anos 630 (32.11 %)
Evolución da poboación de Campo Lameiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.952 3.329 3.350 2.554 2.178 2.084 2.036
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Até 1916 recibía simplemente o nome de Campo, pero nese ano pasou a ser chamado Campo Lameiro para distinguilo do doutros concellos de España (o cacereño Campo, modificado nese decreto por Campo de Alcántara e Campo de Huesca, que non foi alterado).[3].

Patrimonio histórico e artístico[editar | editar a fonte]

Laxe dos Carballos

O concello é sobre todo coñecido polos seus petróglifos. Estes gravados rupestres sitúan poboamentos nesta zona ao redor do ano 3200 a.n.e.. Nas terras do concello téñense atopado gran cantidade de pedras gravadas, con motivos moi diversos. A Idade de Bronce e a do Ferro que deron lugar ó desenvolvemento dunha importante cultura castrexa.

Dentro da historia moderna do concello merece a pena citar a súa decidida oposición á ocupación francesa, actitude que deu lugar a numerosos ataques e mortos por parte das tropas do mariscal Soult. Lugares como Chan de Batalla e Mal Paso lembran escenas da batalla librada contra os franceses en 1809.

Campo Lameiro conserva un valioso patrimonio arqueolóxico, pero tamén mostras significativas da arte posterior, concretamente do románico e do barroco, en igrexas como a de San Miguel do Campo, a de Santa María de Moimenta ou a de Santa Mariña de Fragas, que conserva a fachada da súa fábrica románica.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Campo Lameiro

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Campo Lameiro

O Campo (San Miguel) | O Couso (San Cristovo) | Fragas (Santa Mariña) | Moimenta (Santa María) | Montes (San Isidro) | Morillas (Santiago)

Lugares de Campo Lameiro[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Campo Lameiro vexa: Lugares de Campo Lameiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IGE
  2. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 44. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  3. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]