Saltar ao contido

Zona especial de conservación do Río Tea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaZona especial de conservación do Río Tea
Imaxe
TipoZona de especial conservación Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCovelo, España, Fornelos de Montes, España, Mondariz, España, Mondariz-Balneario, España, Ponteareas, España e Salvaterra de Miño, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°12′N 8°24′O / 42.2, -8.4
Características
Superficie356,38 ha Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundacióndecembro de 2004 Editar o valor en Wikidata

A zona especial de conservación do río Tea é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe á meirande parte do leito fluvial do río Tea, e parte de afluentes seus como os ríos Alén, Xabriña ou o rego de Borbén. Esta área de conservación ocupa 356,38 ha. de concellos das comarcas do Condado, da Paradanta e Vigo, e pasa polas vilas de Mondariz-Balneario, Mondariz e Ponteareas. Remata coa desembocadura do río Tea no Miño, uníndose así coa ZEC Baixo Miño.[1][2][3][4][5]

O espazo protexido destaca polos arboredos de ribeira con abeneiros e as carballeiras conservadas, e pola a presenza do salmón atlántico.[5]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A área de conservación ocupa 356,38 ha. de concellos das comarcas de do Condado, pois comeza en Covelo; da Paradanta, pois discorre por Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño; e de Vigo, pois discorre por Fornelos de Montes e Pazos de Borbén.[4]

O espazo abrangue a case totalidade do río Tea. Comeza polo leste en Covelo cubrindo parte da ribeira do rego de Fofén, que é afluente do río Tea. Outra área protexida é a do o río Alén, que é un tributario do Tea e que xungue con este entre Covelo e Mondariz. O treito protexido do Alén comeza no río da Portela do Foxo en Fornelos de Montes e continúa polo Alén cara ao sur. Ademais, na raia entre Mondariz e Mondariz-Balneario únese outro treito protexido, o do río Xabriña, e que procede do sur de Mondariz. Ao chegar ao concello de Ponteareas o Tea recibe ao rego de Borbén, que decorre desde Pazos de Borbén ata chegar alí. Arredor do sur da vila de Ponteareas o espazo abrangue tamén un pequeno afluente, o regato de Bouza.[4]

Desde Ponteareas o Tea continúa dirección sur ata chegar ao Miño en Salvaterra, desembocando á altura da illa de Fillaboa. A desembocadura no Miño supón a unión coa ZEC Baixo Miño.[4]

Hábitats

[editar | editar a fonte]
Ribeira do Tea en Cernadela, Riofrío, Mondariz.

O río Tea limítase a cubrir só aos leitos de río e algunha cabeceira, como o caso de áreas en Covelo. Os hábitats de interese de protección que destacan nel son as formación herbosas naturais ou non naturais, como os prados; e algunhas formación rochosas e covas e bosques de encostas, que son mixtos e con especies caducifolias como os freixos ou lamigueiros.[4][3][5]

Fauna e flora

[editar | editar a fonte]

O espazo natural está dominado pola flora acuática e de leitos do río, dos bosques de ribeira de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior) e as carballeiras galaico-portuguesas de carballos (Quercus robur) e cerquiños (Quercus pyrenaica). Destacan tamén pola súa importancia algúns bosques de encostas e as pseudo-estepas de gramíneas anuais.[4][3][5]

Entre as especies presentes do catálogo galego de especies ameazadas están[4][3][5]:

Especie
Cryphaea lamyana
Narcissus cyclamineus
Woodwardia radicans

Neste espazo atópanse 23 especies de especial interese de conservación[6]. Destacan os odonatos Oxygastra curtisii, Macromia splendens e Cerambyx cerdo, os sapoconchos común (Emys orbicularis) e o riscado (Mauremys leprosa) ou algunhas aves, como a en perigo de extinción como a tartaraña cincenta (Circus pygargus)[7].[4][3][5]

Os ríos do espazo natural teñen interese piscícola grazas á presenza de salmón atlántico (Salmo salar).[4][3][5]

As especies de fauna de interese de conservación, como indica o anexo II da Directiva 92/43/CEE, presentes son[4][3][5]:

Grupo Especie
Invertebrados Cerambyx cerdo
Invertebrados Elona quimperiana
Invertebrados Euphydryas aurinia
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Lucanus cervus
Invertebrados Macromia splendens
Invertebrados Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera)
Invertebrados Oxygastra curtisii
Peixes Chondrostoma polylepis
Peixes Cobitis taenia
Peixes Petromyzon marinus
Peixes Rutilus arcasii
Peixes Salmo salar
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación

[editar | editar a fonte]

O río Tea foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4][3][5]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1140006 Río Tea". Consultado o 30/9/2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1140006 Río Tea". Consultado o 30/9/2020. 
  6. Aquelas recollidas no Anexo II da DC 92/43/CEE da rede Natura 2000.
  7. Oito especies do Anexo I da DC 2009/147/CE da rede Natura 2000.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]